A Lanzada: historia baixo a area

Por Iago Souto

Situado na ria de Pontevedra, no concello de Sanxenxo, atópase o campo da Lanzada, un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de Galicia. A gran cantidade e singularidade dos materiais e estruturas achados nel, fan deste lugar un sitio único que nos permite viaxar ó pasado e recuperar parte da nosa historia.

Publicidade

Os traballos levados a cabo polo equipo de arqueoloxía da Deputación de Pontevedra, xunto coas investigacións realizadas polos distintos grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, da Universidade de Vigo e da Universidade de León, aportan novas pistas que permiten dar unha volta as hipóteses existentes que eran inamovibles ata o día de hoxe. Cada novo descubrimento permítenos saber con máis certeza de que xeito evolucionaron os nosos antepasados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Alfredo G. Ruibal, arqueólogo: “Cando escavamos chabolas e campos de concentración sempre atopamos dignidade”

O galego publica 'País en ruínas', un libro no que reconstrúe a historia do franquismo a través dos obxectos máis singulares que atopou ao longo de case dúas décadas de traxectoria

A apaixonante historia do Casco de Leiro, a xoia prehistórica que atopou un veciño de Rianxo hai 50 anos

Décadas despois do seu descubrimento, a peza de ouro aínda mantén varias incógnitas sobre a súa orixe e funcionalidade

“Aos seis anos, a presión cultural xa fai efecto e as nenas deixan de verse capaces de calquera cousa”

A enxeñeira Soledad Torres Guijarro participou xunto á bióloga Iria Gómez Touriño e á enfermeira Ainara Díaz Geada na última sesión de Ciencia en feminino
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra