As impactantes imaxes do ceo de Nova York tinguido de laranxa polos incendios en Canadá

Os aerosois que emite a queima da masa forestal dispersan a luz aínda máis, o que fai que cambie a cor do ceo

A Estatua da Liberdade, o monumento máis icónico de Nova York, apenas se pode ver a simple vista. Toda a cidade, ao igual que outros puntos da costa este dos Estados Unidos, está tinguida de laranxa. O responsable é o fume dos incendios forestais de Canadá, onde hai máis de 400 focos activos e onde xa se queimaron este ano catro millóns de hectáreas. Un desastre ambiental que viaxa máis de 1.000 quilómetros ata afectar cunha néboa espesa e alaranxada a cidade de Nova York.

Segundo explican dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dende onde se fixeron eco do acontecido, os aerosois que emite a queima da masa forestal de Canadá dispersan a luz aínda máis, o que fai que cambie a cor do ceo e pase a ser un ton máis alaranxado. Ademais, o vento despraza estes aerosois a varios puntos de Estados Unidos, afectando a gran parte da costa este do país. Así de ve na seguinte imaxe:

Publicidade

A imaxe ilustra a cantidade de fume que atravesa o val de Tennessee e o sur dos Apalaches. A cor vermella representa a alta concentración de fume procedente de Canadá.

Amais disto, a AEMET alerta de que o efecto non só é visual, senón que a mala calidade do aire tamén afecta á saúde. O goberno do estado de Nova Jersey pediu ás persoas vulnerables, incluídos anciáns e nenos, que limiten a súa exposición ás partículas que están a flotar no ambiente. Así mesmo, que se restrinxan ao máximo posible as actividades en exteriores.

A continuación, algúns vídeos e imaxes do catastrófico escenario:

Publicidade

Arriba, unha imaxe do skyline de Nova York o luns. Abaixo, a mesma imaxe o mércores, cando a cidade xa se veu afectada polo fume dos incendios.

Imaxe da ponte de George Washington entre Nova York e Nova Jersey.

Vídeo do skyline de Nova York, case imperceptible.


DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024