As feridas dos incendios de agosto, en imaxes aéreas

O fotógrafo Pedro Armestre e Greenpeace capturan a magnitude da devastación provocada polos lumes en Ourense, deixando ver os bosques arrasados e as cicatrices da terra

Hai quince días, Galicia ardía entre lapas. Os verdes dos bosques transformáronse en negro en cuestión de horas, e mesmo minutos. Hoxe só quedan esqueletes das árbores que pereceron. É o caso da Serra dos Cabalos, en Ourense: as imaxes tomadas polo fotógrafo Pedro Armestre para Greenpeace o 30 de agosto, tras a extinción dos grandes lumes, amosan as cicatrices da Galicia queimada que deixou esta vaga de lumes de agosto.

O incendio de Larouco foi un dos principais culpables desta nova paisaxe ourensá e considérase o maior lume da historia de Galicia dende que hai rexistros, arrasando máis de 30.000 hectáreas. O fogo atravesou a fronteira natural do río Sil e entrou no concello lucense de Quiroga, superando incluso os límites de Galicia. Estas fotografías aéreas documentan ¡a magnitude das cicatrices da vaga de lumes máis desoladora rexistrada ata agora, chegando a zonas que ata o momento non foran captadas visualmente.

Publicidade

  • Laza Ourense
  • Pico de Montouto
  • As chamas e o fume obrigaron a cortar a autovía A-52 durante días, a cal conecta Pontevedra, Ourense e Zamora.
  • Albarellos Ourense
  • San Vicente de Leira
Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

1 comentario

  1. Este verán será lembrado por ser o máis nefasto na historia dos lumes en Galicia. Por un lado a nefasta politica forestal do goberno do Sr. Rueda (PPdG) e, por outra,a inoperatividade e a falta ce dotacións e recursos humanos e materiais da Xunta ponse de manifesto non centenares de hectáreas arrasadas polas lapas (especialmente en Ourense).
    Hai que lembrar que a Xunta ten competencias en materia de incendios polo que, é absurdo botarlle a culpa da mala xestión ao goberno de Pedro Sánchez, pero craro, tendo maioría absoluta no parlamento o PPdG, este grupo politico autoxiustificará a súa nefasta xestión pero o resultado está a vista mediante as fotos de Pedro Armestre.
    Por todo esto o Sr. Ruda debería dimitir pero non o fará, tendo como ten maioría absoluta.
    Cando haxa eleccións os galegos deberíamos votar outras opcións distintas ás do PPdG, polas súas nefastas xestións durante estes anos de desgoberno, pero pasado un mes todo se tapará e así nos vai e nos irá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro