Estas son as fotos máis antigas de Galicia

Detalle dunha das fotos de Cisneros tomadas en 1858.
Detalle dunha das fotos de Cisneros tomadas en 1858.

Están consideradas as fotos máis antigas de Galicia. Foron tomadas por Andrés Cisneros en 1858. E estaban incluídas no álbum fotográfico co que se agasallou á raíña Isabel II cando, no ano 1858, visitou Santiago e diversos puntos do país. Conservadas en varios arquivos públicos e coleccións privadas, foron recompiladas no ano 2013 pola editorial Alvarellos, nunha obra que recolle estas imaxes pioneiras.

O artista compostelán Andrés Marcelino Cisneros é o autor destas estampas de Santiago, nas que se amosan monumentos, espazos ou acontecementos de mediados do século XIX.

Publicidade

8 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro