Chega a España o Black Hornet, un dron espía do tamaño dunha bolboreta

Black Hornet, a vespa negra. Un dispositivo aéreo non tripulado, do tamaño dunha bolboreta, está sendo utilizado desde hai anos por algúns dos exércitos máis poderosos do planeta. Como en moitas ocasións anteriores, as investigacións vinculadas ao eido militar están á vangarda da tecnoloxía. E o do Black Hornet é un novo exemplo.

O Ministerio de Defensa estuda incorporar as súas operacións este dron minúsculo, fabricado pola empresa norueguesa FLIR, que pode gravar vídeo e son sen ser detectado. Porque mide apenas 10 centímetros de longo, pesa só 18 gramos, ten unha autonomía de voo de 25 minutos e pode transmitir datos en directo desde máis de 1,5 quilómetros de distancia.

Publicidade

Segundo informan varios medios especializados en Defensa, o Ministerio español leva tempo realizando probas e clases de formación de cara á posible compra dalgunhas unidades de Black Hornet. Deste xeito, o exército español tomou nota da experiencia dos militares británicos en zonas de conflito, como Afganistán, onde levan xa varios anos valéndose do mini dron para operacións de alto risco.

O Black Hornet pode controlarse desde un sistema remoto, cunha pantalla do tamaño dunha ‘tablet’ coa que se pode ver en tempo real a gravación realizada polo mini dron. A través deste sistema, pode ser enviado para voar ata un punto determinado – grazas ao GPS incorporado -, volver a un lugar tamén programado. Do mesmo xeito, a súa tecnoloxía permítelle reprogramarse no caso de atopar obstáculos imprevistos. Mais os seus usos son diversos: debido ás súas características, tamén podería empregarse en complicadas misións de rescate, vixilancia de instalacións nucleares ou plantas químicas.

Publicidade

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadoras da UDC exploran o potencial da tecnoloxía en nenos con parálise cerebral unilateral

Os resultados en menores de entre 3 e 7 anos amosan unha maior implicación da extremidade afectada durante tarefas motivadoras

Pódcast | Da tecnoloxía ao compromiso social

O novo episodio de O Descodificador analiza a sexta edición do proxecto Talentos Inclusivos da man do CITIC, Aspace Coruña e o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz

Un equipo da USC deseña un novo método para simular o impacto do vento nas cidades

O sistema permite analizar de maneira rápida o comportamento do aire entre edificios e deseñar espazos urbanos máis agradables para a vida cotiá

Leo, o neno que non pode falar nin moverse pero saca sobresaíntes grazas á tecnoloxía

O rapaz de 11 anos ten unha atrofia muscular espiñal e, ademais de non expresarse verbalmente, tan só ten mobilidade completa nas pupilas