Fito histórico: o helicóptero ‘Ingenuity’ logra voar en Marte

O seu voo de 39,1 segundos acadou unha elevación de tres metros na primeira ocasión na historia na que unha nave voa noutro planeta de xeito autónomo

O 19 de abril de 2021 xa é unha data histórica, porque a NASA conseguiu o primeiro voo controlado dunha nave na atmosfera doutro planeta. O voo de proba de concepto foi realizado polo pequeno helicóptero chamado Ingenuity, que viaxou ao planeta vermello co rover Perseverance, aterrando no mes de febreiro.

O pequeno helicóptero Ingenuity, enviado xunto ao rover Perseverance na misión da NASA Mars 2020, entrou na historia da aviación. Tras completar os pasos previos á operación, o dron estivo levitando durante 30 segundos sobre a superficie marciana. Os datos de telemetría confirman que o voo completo durou 39,1 segundos e alcanzou unha altitude de tres metros para finalmente aterrar de xeito seguro.

Publicidade

Ademais dos datos de voo, tanto Ingenuity como o rover Perseverance tomaron fotografías deste fito. Nunha imaxe do dron facilitada pola NASA apréciase a sombra que deixaba no chan marciano. Pola súa banda, a secuencia de vídeo de Perseverance permite ver o ascenso do helicóptero e o movemento das súas aspas. Agora Ingenuity seguirá facendo probas de voo no planeta vermello durante un mes.

A negra sombra do Ingenuity sobre o chan marciano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo