#Desnudalafruta: A galería dos horrores do empaquetado da froita

Varios dos exemplos de empaquetado excesivo que os usuarios compartiron nas redes sociais. Fonte: Twitter.
Varios dos exemplos de empaquetado excesivo que os usuarios compartiron nas redes sociais. Fonte: Twitter.

A contaminación por plásticos de orixe antrópica que afecta á Terra é, segundo os expertos, un dos principais problemas medioambientais ao que nos teremos que enfrontar no século XXI. Non deixamos de recibir noticias sobre a presenza deste material no interior de animais mariños mortos ou do gran volume de residuos que se acumulan nalgunhas zonas do planeta. A fabricación de envases e empaquetado a partir destes materiais supuxo un importante avance en moitos aspectos da nosa vida diaria. Mais o seu uso excesivo está sendo, noutros moitos casos, un síntoma de que algo se está a facer mal.

Neste senso xurdiu, a través das redes sociais, a campaña #DesnudalaFruta, que denuncia o excesivo empaquetado de produtos alimenticios como froitas, verduras ou hortalizas que se pode ver nalgunhas grandes cadeas de supermercados. A través tamén doutras etiquetas, como #BreakFreefromPlastics ou , organizacións ecoloxistas como Greenpeace, apoiadas por milleiros de usuarios das redes, promoven a publicación de fotografías que poñan de manifesto estas prácticas.

Publicidade

Hai imaxes de todo tipo: un aguacate cortado e pelado nun envase de cartón e plástico, ovos xa cocidos envasados de xeito individual, fresas recubertas con cadansúa caparucha de plástico, cogombros, cebolas ou patacas plastificadas individualmente, etc.

Estas prácticas coliden frontalmente coa Estratexia Europea sobre Plásticos aprobada en xaneiro deste ano, que avoga por reducir o empaquetado con este material que non se biodegrada no medio ambiente, e que xera cada ano en Europa, segundo datos da propia UE,  25 millóns de toneladas de residuos.

Publicidade

Ademais, en moitos casos, o consumidor prefire o produto empaquetado ao que está a granel, pagar un prezo maior a cambio da comodidade de ter xa pelado e cortado o produto. E en outras ocasións, estes produtos veñen coa suposta etiqueta de ‘bio’, o que supón un paradoxo, dado o prexuízo para o medio ambiente que supón o excesivo empaquetado.

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos