Xoves 28 Marzo 2024

Dous proxectos galegos, seleccionados como incubadoras de alta tecnoloxía

A Fundación Incyde publicou este mércores no Boletín Oficial del Estado a resolución provisional das axudas que os Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) outorgan para o establecemento de incubadoras de alta tecnoloxía no caso de Galicia. E dous proxectos foron seleccionados: a Incubadora High Tech Auto, un proxecto liderado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Igape; e o proxecto BioincubaTech, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela.

A incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia de biotecnoloxía no eido da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes, que leva o nome de BioIncubaTech, e liderada pola USC, obtivo 99 puntos de 100 na proposta de adxudicación. Recibirá unha axuda de 1.487.927,02 euros. No proxecto, que se desenvolverá no Edificio Emprendia da universidade, tamén colaboran Uninova e a Cámara de Comercio de Santiago.

Publicidade

No caso de High Tech Auto, trátase da primeira das incubadoras de alta tecnoloxía de automoción en Galicia. Recibiu unha valoración de 82 puntos, e terá 1.146.504 euros para potenciar o nacemento de proxectos tecnolóxicos innovadores do sector da automoción. O proxecto desenvolverase no Edificio do Coñecemento que o Consorcio da Zona Franca prevé construír na avenida Portanet de Vigo.

O proxecto conta tamén co compromiso e apoio de axentes públicos e privados do sector da automoción, a través de acordos con entidades como Ceaga, PSA, empresas da automoción, centros tecnolóxicos (CTAG, AIMEN, Gradiant ou Energylab), entidades financieiras ou a Universidade de Vigo, que tamén presta o seu apoio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Deseñando o vehículo do futuro 

A incubadora de automoción de Zona Franca busca iniciativas que lanzar ao mercado, tras impulsar en e dous anos 14 empresas e 8 prototipos

ODS-Protein, avanzando cara á alimentación do futuro

A innovación no sector alimentario ten un amplo horizonte de crecemento...

Hermes Smart Control, loxística innovadora para o sector industrial

A aceleradora BFAuto (Business Factory Auto), promovida pola Xunta a través...

Nanotecnoloxía á carta para empresas e investigadores

A nova spin-off aplica unha tecnoloxía que permitirá desenvolver medicamentos de oncoloxía, enfermidades metabólicas e doenzas autoinmunes