Conferencia de Angélica Figueroa sobre cancro e metástase na Coruña

A científica Angélica Figueroa Conde-Valvis, responsable do grupo de Plasticidade Epitelial e Metástase do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), impartirá este xoves unha conferencia na Coruña no marco do ciclo Ciencia exPress. A intervención levará por título “Cancro e metástase: un gran reto en investigación”.

Angélica Figueroa é licenciada en Bioloxía pola Universidad Complutense de Madrid e Doutora en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola Universidad Autónoma de Madrid. Durante preto de seis anos levou a cabo a súa actividade investigadora en institutos de investigación internacionais de prestixio, como o Institute of Molecular Bioscience, na Queensland University, (Australia, 2001) e no National Institute on Aging-National Institute of Health (NIA-NIH, USA, 2002) e no Laboratory for Molecular Cell Biology – Medical Research Council – University College London (LMCB, MRC, UCL, London, UK. 2003-2008)).

Publicidade

É experta no estudo do proceso de invasión e metástase de carcinomas. É membro da Xunta Directiva de la ASEICA (Asociación Española de Investigación sobre o Cancro), membro da EACR (European Association for Cancer Research) e conta cun Mestrado en Xestión Sanitaria e Hospitalaria (IFFE Business School). Publicou numerosos artigos de impacto no campo da oncoloxía e foi galardoada co “XIX Premio Rafael Hervada” en recoñecemento ao labor científico desenvolvido en Investigación Biomédica do Cancro.

A conferencia está aberta a todo o público, e comezará ás 20 horas na Sala de Prensa da Reitoría da Universidade da Coruña, na Maestranza.

Publicidade

‘Ciencia exPress’ é un ciclo organizado pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, en colaboración coa Asociación de la Prensa da Coruña e a Deputación da Coruña, e ten como finalidade explicar temas de actualidade científica de forma rigorosa e amena por expertos da UDC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes