Así é Hipocampo, a nova e pequena lúa de Neptuno

Este satélite pasou desapercibido para a sonda Voyager 2, pero foi atopada no 2013 por un astrónomo dos Estados Unidos

Cando a sonda Voyager 2 da NASA pasou preto de Neptuno en 1989 detectou seis pequenas lúas na órbita interior do planeta, pero houbo unha que pasou inadvertida. Descubriuna en 2013 o astrónomo estadounidense Mark Showalter, do instituto SETI, mentres analizaba fotos do xigante gaseoso captadas co telescopio espacial Hubble.

Agora un equipo de científicos liderado por Showalter describe na revista Nature as características desta diminuta lúa, bautizada como Hipocampo (en honra á criatura da mitoloxía grega que era metade cabalo e metade peixe), a sétima da rexión interna tras Náyade, Talasa, Despina, Galatea, Larisa e Proteo.

Publicidade

O diámetro de Hipocampo (ilustrado en primeiro plano na imaxe) rolda os 34 quilómetros, atópase a un 105.251 km de Neptuno (o xigante azulado) e orbita preto de Proteo (ao fondo), o maior e máis exterior dos satélites internos. De feito, segundo os expertos, Hipocampo podería formarse a partir dun dos fragmentos desta lúa veciña, desprendidos tras o impacto dun cometa.

E aquí podes ver o artigo na revista Nature

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Así nos prepara o hipocampo para as sorpresas

Un estudo con rexistros intracraneais amosa que, cando aumenta a incerteza, emite ondas de alta frecuencia que modifican a actividade da corteza visual

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo