Chega o espectáculo da choiva de estrelas das dracónidas

Os refugallos do paso do cometa 21 P/ Giacobini- Zinner están a ser atravesados pola Terra producindo estes meteoros

Como cada ano, chega a primeira choiva de estrelas do outono, as dracónidas. Os restos desprendidos do cometa 21 P/ Giacobini- Zinner poderán verse cando penetren na atmosfera en forma de estrelas fugaces.

As dracónidas poden observarse do 6 ao 10 deste mes, co seu máximo na noite do martes día 8 de outubro.

Publicidade

As choivas de estrelas prodúcense cando as partículas de po e rochas que deixan os cometas na súa órbita arredor do Sol entran na atmosfera da Terra e se volatilizan producindo un efecto luminoso: os meteoros.

Nese caso son os restos procedentes de 21 P/ Giacobini- Zinner, que cada seis anos e medio, aproximadamente, completa unha órbita arredor do Sol. No seu percorrido deixa un ronsel de po que co tempo forma unha rede de filamentos cos que a Terra se atopa todos os anos a principios de outubro.

Publicidade

O nome de dracónidas procede da constelación de Draco, onde está a orixe da súa traxectoria, aínda que tamén llas coñece como giacobínidas, debido a Michel Giacobini (1873-1938), astrónomo francés, descubridor deste cometa.

As dracónidas son a primeira choiva de estrelas do outono.

Este outono traerá outras dúas choivas de estrelas. A das leónidas, cuxo máximo se dará cara ao 17 de novembro e a das xemínidas, que é a máis intensa e que alcanzará o seu punto máximo cara ao 14 de decembro.

O mellor para poder observar unha choiva de estrelas é situarse nun lugar afastado da contaminación lumínica, desde o que se poida ver unha boa porción do ceo e mirar sen telescopio nin binoculares, os cales diminúen en campo visual. Ademais hai que ter en conta as temperaturas nocturnas por se é necesaria roupa de abrigo.

Outro dos momentos destacados neste outono a nivel astronómico será o tránsito de Mercurio por diante do Sol, o día 11 de novembro. É un acontecemento que non se repetirá ata o 13 de novembro de 2032. Así, en menos de dous meses (e coa protección debida para non danar a vista), poderase ver como o disco de Mercurio pasa por diante da estrela.

Este fenómeno ten lugar cando a conxunción do planeta interior (neste caso Mercurio) acontece no momento en que se atopa nun dos seus nodos orbitais, é dicir, nos puntos da súa órbita que cruza o mesmo plano no que orbita a Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O efecto das chuvias: a imaxe satelital de Copernicus que revela a enchente do río Miño en Lugo

O Sentinel-1 da Axencia Espacial Europea capta dende órbita o aumento de caudal ao seu paso por Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei

Dez científicas galegas que deberías coñecer

Co gallo do 11F recuperamos perfís de mulleres sobresaíntes en farmacia, neuroloxía, arquitectura, enxeñaría agrónoma e pedagoxía

Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de máis de oito metros

Meteogalicia acende o máximo aviso para o mércores, o laranxa para o resto do litoral e o amarelo en terra por abundantes precipitacións

Investigadoras galegas demostran que as queimas prescritas axudan os solos a resistir os incendios

Un estudo da Universidade de Vigo avala o procedemento como unha estratexia de xestión forestal sostible