Chega a choiva de estrelas das Líridas

A segunda quincena de abril é o momento destes meteoros producidos polos refugallos do cometa Thatcher (C/1861 G1) no seu paso en 1861

Aínda que Meteogalicia prevé ceos cubertos durante os vindeiros días, algunhas noites haberá pequenas treguas entre as nubes apara contemplar una das grandes choivas de estrelas do ano. Porque durante a segunda quincena de abril temos unha cita coas Líridas, cando o noso planeta atravesa a nube de partículas que deixou fai máis dun século un cometa. O seu máximo será a noite deste mércores 21 ao xoves  22 e, con paciencia, poderase ver algunha cruzando o ceo cada 10 ou 15 minutos.

A choiva de estrelas das Líridas, que semellan proceder da constelación da Lira, pódese observar habitualmente cada ano entre o 16 e 26 de abril. Os cometas, na súa órbita arredor do Sol, deixan ao seu paso un ronsel de xeo, po e rocas. A Terra, no seu percorrido anual arredor da estrela, cruza estas nubes de pequenas partículas, chamadas meteoroides. Cando estes atravesan a atmosfera terrestre, aparece unha intensa fricción que orixina os espectaculares ronseis luminosos que vemos sucando o ceo.

Publicidade

O rastro dun cometa que pasou en 1861

Durante estes días, estamos a atravesar a nube de partículas que o cometa Thatcher (C/1861 G1) deixou tras de si na súa última visita ao perigeo terrestre, en 1861.

Aínda que é posible que desde mediados ata finais de abril vexamos algún destes meteoros desintegrarse na atmosfera, o máximo da choiva de estrelas terá lugar a noite do 21 ao 22 de abril, a partir das 23:00 horas.

Publicidade

As choivas de meteoros reciben os seus nomes da constelación da que semella que emanan. As Líridas chámanse así porque o seu radiante (o punto do que parecen proceder) atópase na constelación da Lira, que poderemos identificar porque contén á estrela Vega, unha das máis brillantes do ceo nocturno.

Como curiosidade, na película Contact, o sinal extraterrestre que recibe o personaxe interpretado por Jodie Foster provén desde esa brillante estrela. Pero non será necesario que miremos cara a ela para ter a oportunidade de pedir desexos. Abondará con que fixemos a nosa vista nun punto calquera do firmamento e esperemos, pacientemente uns minutos.

Ao longo do ano pode haber ata 50 choivas de meteoros (escintileos de luz que emiten a partículas ou meteoroides), pero as máis significativas son as Cuadrántidas, as Perseidas e as Xemínidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Guía para observar dende Galicia a choiva de estrelas das Eta Acuáridas

O fenómeno acadará o seu punto álxido o 5 de maio, pero a luminosidade do satélite terrestre e as condicións meteorolóxicas poden dificultar a súa contemplación

Volven as Líridas, unha das chuvias de estrelas máis antigas rexistradas

As previsións de ceos cubertos e choivas dificultarán a observación deste fenómeno.

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Descubertas novas pistas sobre a orixe de Theia, o hipotético planeta que formou a Lúa

Unha análise de isótopos de rocas lunares e terrestres revela que o obxecto celeste chocou contra a Terra e deu lugar ao noso satélite fai 4.500 millóns de anos