Boeing presenta StarLiner, o taxi espacial

A NASA busca unha alternativa á súa dependencia da axencia espacial rusa para levar astronautas e subministros á Estación Espacial Internacional. E onte deu un paso adiante. Porque o xigante estadounidense Boeing presentou o Starliner, unha nova nave espacial de transporte que suma ao proxecto da empresa SpaceX, que desenvolve a súa nave SpaceDragon. O Starliner foi deseñado cun enfoque de voo automatizado, un funcionamento fiable que permitirá tamén voos privados a órbita terrestre baixa para experimentar a sensación única da ingravidez e levar turistas espaciais. Tanto o Starliner como o Dragon de Space X poderán transportar catro tripulantes e elevar a tripulación habitual da estación ata sete membros, co que medraría en 80 horas á semana o tempo para investigación no complexo orbital. O Starliner vai lanzarse dende o Complexo-41 de Estación da Forza Aérea de Cabo Canaval nun foguete Atlas V. As probas comezarán en 2016.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

A nigranesa Alén Space lanza con éxito cinco satélites para a misión Draconis de Sateliot

A nova xeración ampliará a capacidade da rede IoT #5G NTN de Sateliot e aumentará a frecuencia de conexión en zonas sen cobertura móbil terrestre

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027