Por que nos saen manchas solares na pel?

A causa principal das pencas de sol é a exposición á radiación solar da pel humana non protexida. Pero non todas as manchas son iguais nin afectan por igual a todos os tipos de pel; hai algunhas que están relacionadas coas hormonas.
Segundo explica á axencia Sinc Mª Teresa Estrach, xefa do Servizo de Dermatoloxía do Hospital Clínic de Barcelona, “as pencas actínicas (pencas solares) aparecen sobre todo en peles bastante clariñas e en xente maior debido ao acúmulo do sol tomado durante varios anos. Localízanse nas áreas máis expostas ao sol, particularmente as mans, a cara, os ombros e os brazos”.

O melasma é debido ás hormonas en embarazo ou por anticonceptivos

Hai outras manchas que saen en mulleres embarazadas ou que toman anticonceptivos e que adoitan saír máis na cara, sobre todo nas meixelas. Coñécense como melasma e son debidas ás hormonas.
O terceiro tipo de manchas son os lunares ou nevus, indirectamente relacionados co sol, que os activa e ademais potencia que vaian saíndo máis. “Algunhas manchas poden aparecer na primeira exposición, sobre todo combinada coa toma de certos medicamentos: antibióticos, antiinflamatorios ou outras substancias fotosensibilizantes, como os diuréticos”, indica a dermatóloga. Aínda que, en xeral, a aparición de manchas como consecuencia da exposición solar non é inmediata. Por iso non adoitan aparecer en nenos nin adolescentes, senón na idade adulta.
As manchas que aparecen durante o embarazo son as que máis doadamente se quitan cunha boa fotoprotección -non expoñéndose ao sol sobre todo en verán- e con cremas despigmentantes. Igualmente, as ocasionadas pola toma de medicamentos tamén poden desaparecer. “Custa pero quítanse”, subliña Estrach. “Pola contra, nas debidas á idade hai que facer tratamentos máis activos, como crioterapia ou láser”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Eclipse lunar no lago Waterton

Explicación: esta secuencia da eclipse lunar total, gravada en abril de...

As fotos da eclipse da Súper Lúa

As imaxes da eclipse da Súper Lúa Vermella da pasada madrugada, un espectáculo dende diversos puntos do planeta Terra

O vídeo da NASA da eclipse da Súper Lúa

Créditos do vídeo: GSFC da  NASA, David Ladd (USRA) e Krystofer...

Aurora espiral sobre Islandia

Explicación: que está a pasar no ceo? A aurora! Esta aurora,...