Avistan unha quinta balea azul en augas entre Sálvora e Carnota

Foto: BDRI.
Foto: BDRI.

Galicia semella converterse nun santuario para as baleas, cun nivel de avistamento nunca visto nas últimas décadas. O Instituto para o Estudo dos Arroazes (BDRI, Bottlenose Dolphin Research Institute) confirmou que nas 11 saídas de avistamento realizadas en setembro e outubro localizaron sesenta baleas de varias especies, cinco delas azuis.

A última das baleas azuis localizadas foi atopada este mércores 1 de novembro, en augas entre a illa de Sálvora e Carnota. Trátase da quinta localizada en Galicia nos últimos meses, nun fenómeno que sorprende por que non era unha especie que se atopase nestas latitudes.

Publicidade

Con toda a información recollida, a CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) enviou a documentación dispoñible ao banco atlántico de baleas azuis, na illa de Mingan (Canadá). Alí recollen os rexistros dos rorcuais avistados neste océano. Hai actualmente máis de 740 baleas azuis identificadas individualmente.

Grazas a este rexistro, é posible facer un seguimento destes mamíferos ao longo do océano. Desde a Cemma destacan o exemplo dunha balea retratada no 2014 nas Azores, que fora fotografada 30 anos antes. Por este motivo, a coordinadora insiste na necesidade de tomar testemuño gráfico dos avistamentos.

Publicidade

Nesta labor, dende logo ten gran importancia o BDRI, organización con base no Grove que este verán está a captar fotos e vídeos espectaculares das baleas azuis e doutros mamíferos mariños que visitan as nosas costas.

Foto: BDRI.
Foto: BDRI.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

A historia das tartarugas que chegaron a Galicia tras o tren de borrascas e agora regresan ao mar

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños liberará a 'Tanxil' e 'Noetiña' fronte á ría de Vigo na embarcación 'Novo ollo do mar'

‘Mozarrón’ e ‘Pega’, as tartarugas que regresan ao mar tras chegar desnutridas ás costas galegas

A CEMMA devolve ao océano dous espécimes de 'Caretta caretta' despois dunha rehabilitación en augas de 18 a 20 graos

▪️ Un estudo con participación galega atopa proteínas relacionadas co alzhéimer en cetáceos

A investigación determina que a proteína AT100 asociada a doenzas neurodexenerativas indica envellecemento natural e dano neuronal agudo