Avistan a explosión dunha nova en Casiopea visible no hemisferio norte

O novo punto coruscante no ceo nocturno corresponde a explosión dunha nova produto do tráfico de hidróxeno nunha anana branca

Unha estrela na rexión da constelación de Casiopea vén de converterse en nova, e o resplandor aínda é visible no ceo nocturno. Dende o hemisferio norte e mesmo cun telescopio básico, é posible ver este punto coruscante recén aparecido no firmamento.

A primeira detección foi realizada o pasado 18 de marzo de 2021 polo astrónomo afeccionado Yuji Nakamura da prefectura de Mie en Xapón. En catro fotogramas capturados cunha lente de 135 milímetros e unha exposición de 15 segundos, púidose ver un resplandor brillante de magnitude 9,6 onde non se viu ningún só catro días antes. O achado informouse rapidamente ao Observatorio Astronómico Nacional de Xapón, e os científicos concentráronse para pescudar as causas do que estaba a acontecer.

Publicidade

Utilizando o telescopio Seimei da Universidade de Kyoto, os astrónomos realizaron observacións espectroscópicas e utilizaron o telescopio de 0,4 metros para observacións fotométricas multicores. Confirmouse asñi que o evento é de feito o que clasificamos como unha nova clásica, a máis común das explosións estelares. Déronlle o nome V1405 Cas.

Outra imaxe da nova detectada na constelación de Casiopea.

Unha nova clásica non é a enorme explosión dunha estrela masiva, senón unha explosión na superficie dunha anana branca cun compañeiro binario nunha órbita próxim. Mentres as dúas estrelas viran unha arredor da outra, a pequena anana branca extrae hidróxeno da súa compañeira máis grande. Este hidróxeno remata na atmosfera da estrela máis pequena, onde se quenta. Cando é dabondo, a fusión nuclear na superficie da anana branca libera unha enorme cantidade de enerxía que expulsa explosivamente o hidróxeno non queimado ao espazo.

Publicidade

A diferenza dunha supernova, na que explota a anana branca, ambas as estrelas sobreviven e continúan a súa estraña relación, para volver explotar no futuro. A nova en si pode seguir brillando durante algúns días ou meses.

Non está claro de inmediato que estrela produciu V1405 Cas, pero hai unha candidata interesante: a estrela variable eclipsante (binaria) CzeV3217, que se atopa a unha distancia aproximada de 5.500 anos luz do Sistema Solar.

Se queres saír e tentar velo por ti mesmo, as súas coordenadas están en ascensión recta 23 24 47.73, declinación +61 11 14.8 – non moi lonxe da estrela Caph de Casiopea, e unha distancia aínda máis curta da estrela de tipo B HIP. 115566.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns