Así se ve unha aurora boreal dende o espazo

O astronauta Josh Cassada capturou unha fotografía deste fenómeno dende a Estación Espacial Internacional o 27 de febreiro

As aurora boreais son un dos espectáculos máis abraiantes que ofrece o ceo. As imaxes deste fenómeno case sempre se capturan dende a Terra. Agora, a NASA acaba de facer públicas unhas fotografías sacadas polo astronauta Josh Cassada dende a Estación Espacial Internacional, que permiten ver as auroras boreais dende o lado contrario: o espazo. A foto tomouse mentres a estación pasaba polo sudeste da provincia de Manitoba, en Canadá, nas primeiras horas da mañá do 27 de febreiro.

Segundo explican dende a NASA, o ciclo solar mídese tradicionalmente polo aumento e a diminución do número de manchas solares, pero tamén coincide co aumento das erupcións solares —tamén denominadas execcións de masa coronal—, as emisións de radio e oturas formas de meteoroloxía espacial. Estas explosións poden poñer en movemento os gases e as partículas da magnetosfera terrestres. Estas partículas envíanse á atmosfera superior da Terra a altitudes de 100 a 400 quilómetros, onde excitan as moléculas de osíxeno e nitróxeno e liberan fotóns. O resultado son raios, láminas e cortinas de luz. Noutras palabras: auroras boreais.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo