Así se ve o cometa Neowise desde o Pico Sacro

Un astrofotógrafo captura o corpo celeste preto de Santiago de Compostela

Desde comezos de xullo, se miramos ao ceo é posible ver algo que ninguén que hoxe estea vivo volverá ver de novo. O cometa Neowise (C/2020 F3), cun período orbital de arredor de 6.500 anos, é visible ao mirar cara ao norte. Se é posible, cómpre facelo nunha zona con pouca contaminación luminosa e co horizonte despexado. Así o fixo Álex (@aleixandrus) un astrofotógrafo galego que captou o cometa o pasado domingo desde o Pico Sacro, en Boqueixón, pasadas ás 23.35 horas.

Aínda que case era noite pecha, a exposición da cámara para mellorar a observación do cometa amosa os últimos raios do sol no horizonte, tras a cidade de Santiago. “Hai que mirar orientación N-NO a uns 10º de altura; para ter unha idea, se estiras o brazo e pechas o puño da man, a altura da man apoiándoa sobre o horizonte dá máis ou menos esa altura”, explica Álex.

Publicidade

Nos vindeiros días, Neowise irá gañando altura no ceo do anoitecer, mentres que deixará de ser visible ao amencer porque coincidirá coa saída do Sol. Con todo, é recomendable observalo cando antes porque irá perdendo brillo. Para velo, ademais dunhas boas condicións no ceo, recoméndase miralo con prismáticos.

O cometa Neowise acadou o seu perihelio (distancia mínima ao Sol) o pasado 3 de xullo, situándose a 0,3 unidades astronómicas da estrela, e cunha magnitude 0,5. Nestes días, a magnitude xa é menor.  O 23 de xullo acadará a súa máxima proximidade á Terra, aínda que xa lonxe do Sol, polo que a súa magnitude baixará a 3,5.

Publicidade

Un período orbital de 6.500 anos

Tal e como explicou o científico Josep M. Trigo na revista Investigación y Ciencia, o cometa Neowise segue unha óbrita case parabólica, cun período orbital que aínda se está precisando, pero que se estima en arredor de 6.500 anos. “Non é habitual que existan observacións previas destes cometas de períodos tan longos, a non ser as meticulosamente tomadas hai máis de mil anos por astrónomos chineses para cometas de períodos bastante máis curtos”.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A eclipse solar vista dende o espazo: así é a sombra que se proxectou sobre a Terra

As imaxes do Meteosat de terceira xeración, tomadas a 36.000 quilómetros de altitude, amosan o camiño da Lúa xusto antes da chegada da noite

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado

Un equipo da UDC reconstrúe 10 millóns de anos de historia dun cometa interestelar

A investigación, liderada polo CITIC, amosa como foi a traxectoria do astro na Vía Láctea, recoñecido como o terceiro obxecto interestelar detectado