Cometa Neowise: un compañeiro no ceo destes días que nunca volverás ver

O corpo celeste, cun período orbital de 6.500 anos, pode verse cunha magnitude apreciable ata finais de xullo, primeiro no amencer e logo no atardecer

É mellor intentalo canto antes, se pode ser este mércores ou xoves, xa que nos vindeiros días o cometa Neowise (C/2020 F3) irá perdendo brillo ao afastarse do Sol e, uns días máis tarde, da Terra. Este corpo celeste, descuberto o 27 de marzo polo telescopio espacial que lle deu nome, será visible ao amencer, algo antes de que saia o Sol, mirando cara ao noroeste nun horizonte e un ceo despexados, xa que está bastante baixo. A partir do 14 de xullo, xa con menos brillo, comezará a verse durante o atardecer mirando cara ao noroeste.

O cometa Neowise acadou o seu perihelio (distancia mínima ao Sol) o pasado 3 de xullo, situándose a 0,3 unidades astronómicas da estrela, e cunha magnitude 0,5. Nestes días, a magnitude xa é menor, chegando a 2 (o brillo é maior canto menor sexa a cifra).

Publicidade

Tanto nestes días como a partir do momento no que se poida observar no atardecer é recomendable mirar ao cometa Neowise con prismáticos para velo con claridade, dada a súa proximidade ao Sol. O 23 de xullo acadará a súa máxima proximidade á Terra, aínda que xa lonxe do Sol, polo que a súa magnitude baixará a 3,5.

Un período orbital de 6.500 anos

Tal e como explica o científico Josep M. Trigo na revista Investigación y Ciencia, o cometa Neowise segue unha óbrita case parabólica, cun período orbital que aínda se está precisando, pero que se estima en arredor de 6.500 anos. “Non é habitual que existan observacións previas destes cometas de períodos tan longos, a non ser as meticulosamente tomadas hai máis de mil anos por astrónomos chineses para cometas de períodos bastante máis curtos”.

Publicidade

Para localizalo, Trigo recomenda buscar a estrela Capella, a máis brillante da constelación Auriga, e baixar cara ao horizonte para atopar o cometa.

Nestes días, mesmo desde a Estación Espacial Internacional capturaron o paso do cometa Neowise. Así o retratou o astronauta Bob Behnken:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Descubertas novas pistas sobre a orixe de Theia, o hipotético planeta que formou a Lúa

Unha análise de isótopos de rocas lunares e terrestres revela que o obxecto celeste chocou contra a Terra e deu lugar ao noso satélite fai 4.500 millóns de anos

Astronomía de multimensaxeiro: o Universo contado en luz, ondas e partículas

O IGFAE participa en grandes colaboracións internacionais para combinar múltiples sinais cósmicos co obxectivo de comprender mellor os fenómenos máis extremos e invisibles do cosmos

Un equipo da UDC reconstrúe 10 millóns de anos de historia dun cometa interestelar

A investigación, liderada polo CITIC, amosa como foi a traxectoria do astro na Vía Láctea, recoñecido como o terceiro obxecto interestelar detectado