Así se ve a constelación de satélites de Elon Musk

Máis de 4000 obxectos orbitan arredor da Terra para vender unha tarifa de datos que proporciona acceso universal á rede

Unha ampla rede de satélites orbita arredor da Terra para ofrecer servizos de Internet dende calquera punto do planeta. Son máis de 4.000 e foron lanzados no marco do proxecto Starlink de Space X, unha compañía de Elon Musk que pretende converterse nun servizo totalmente comercial. Baséase nunha tarifa de datos a nivel mundial e a empresa salienta a posibilidade de acceder á rede dende calquera zona do océano. Segundo a revista Frontera Espacial, os satélites non son moi grandes, miden dez metros cun único panel solar despregado e é o reflexo do Sol o que os fai tan brillantes. Están situados entre 250 e 300 quilómetros de altura e son visibles dende a Terra.

O primeiro lanzamento tivo lugar o 23 de maio 2019 e xa en 2022 a empresa contaba con 3.000 satélites na órbita terrestre. Hai uns días SpaceX lanzou outros 56 satélites Starlink. Foi fácil identificalos no ceo, semellaban a unha estrela que se movía rapidamente. Algunhas persoas chegaron a pensar que podían ser OVNIs e compartiron vídeos e imaxes nas redes sociais para atopar unha explicación científica. Cada semana a compañía envía novos satélites, por iso, creáronse varias páxinas web que permiten escoller as coordenadas exactas para saber por onde van a pasar nos próximos lanzamentos e así observalos. Unha delas é Findstarlink.com.

Publicidade

Precisamente, unha das críticas que recibiu Starlink por parte da comunidade astronóma foi que esta cantidade de satélites no ceo perxudica as súas observacións, xa que pode dar lugar a confusións. Dende Starlink afirmaron que o seu desexo é que a xente admire os satélites sen perderse a Lúa e o resto de planetas do Sistema Solar. Cos beneficios obtidos con este servicio de datos a nivel mundial, Elon Musk pretende financiar futuras misións a Marte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego explora o potencial da IA para detectar síntomas de depresión en redes sociais

Un estudo do CiTIUS analiza automaticamente textos publicados en Internet para detectar patróns lingüísticos asociados á saúde mental

Que lle sucede ao noso cerebro cando vemos vídeos a velocidades máis rápidas do normal?

Reproducir contido a 1,5x ou 2x pode parecer eficiente, pero afecta á comprensión, a memoria e á maneira en que procesamos a información audiovisual

A empresa galega Alén Space culmina con éxito o lanzamento do seu novo satélite dende California

O obxectivo do aparello creado en Nigrán é abrir unha nova era no sector marítimo e contribuír á súa dixitalización

Rumbo ao espazo dende Ourense: os estudantes que lanzaron satélites a 600 metros de altitude

A iniciativa CanSat, na que participou alumnado de 16 comunidades autónomas, está promovida pola Axencia Espacial Europea