Así está sendo o paso do Neowise sobre Galicia

O cometa, cun período orbital de máis de 6.500 anos, é visible ao anoitecer nestas semanas mirando cara ao noroeste

Moitas persoas están saíndo estes días ao anoitecer a observar un fenómeno que non volverán ver nunca na súa vida. É o cometa Neowise (C/2020 F3), cun período orbital de máis de 6.500 anos, e que leva sendo visible desde comezos de xullo no ceo. Primeiro podía observarse antes do amencer e, durante estes días, xa con algo menos de brillo ao afastarse do Sol (acadou o seu punto máis próximo o pasado 3 de xullo), segue sendo visible unha vez que a estrela se oculta baixo o horizonte, a partir das 23 horas en Galicia.

Entón, mirando cara ao noroeste (se é posible nunha zona con pouca contaminación luminosa e co ceo despexado nesta dirección), poderase albiscar a o trazo do corpo celeste. Como acontece con estes obxectos, pode obsevarse o seu núcleo como un pequeno punto brillante seguido dunha cola, unha nube de po e gases que se van desprendendo del debido á influencia do Sol. É aconsellable, polo seu escaso brillo, observalo con prismáticos ou un telescopio, se é posible. A ausencia de nubes e as boas temperaturas nocturnas tamén facilitarán a observación.

Publicidade

O mellor momento para velo é entre as 23.30 e preto da 1 da madrugada, xa que a partir desta hora, polo seu movemento respecto á Terra, ocultase durante un tempo baixo o horizonte, ata que volve aparecer arredor das 4 da madrugada ata preto das 6. Nesa hora, as primeiras luces do amencer ocúltano de novo, xa que está moi próximo ao lugar do ceo por onde sae o Sol.

As imaxes do Neowise en Galicia

Numerosos fotógrafos profesionais e afeccionados, así como unha importante cantidade de persoas atraídas polo encanto do cometa, están saíndo estes días á noite para observar desde algún punto alto o cometa. E tamén é moita a xente que está deixando testemuño nas redes en forma de foto, vídeo e timelapse. Estes son algúns exemplos:

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns