As imaxes da entrega do Premio ‘Contar a Ciencia’

pazo de San Roque, en Compostela, acolleu o acto de entrega da sexta edición do Premio Contar a Ciencia La Caixa, convocado pola Real Academia Galega de Ciencias, patrocinado pola Fundación La Caixa, organizado por GCiencia, e coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades e a tecnolóxica galega Primux.

A estudante de Xornalismo da USC Marta Otero Mayán foi a gañadora do certame grazas á reportaxe Unha app para coidar a quen coidaun traballo no que conta desde un enfoque persoal un proxecto do Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC para previr a depresión en coidadores de persoas dependentes.

Andrea Varela e Miriam Álvarez, estudantes de Comunicación Audiovisual da UVigo, desenvolveron un dos traballos finalistas, Scuba Cancers: así é a loita contra o cancro transmisible en bivalvos. A outra finalista foi Alba Tomé Sueiro, graduada en Xornalismo pola USC, coa súa reportaxe Como gañar o que che quita o Parkinson.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Fotos | Así foi a entrega dos Premios GCiencia Galicia Spin-off 2025

Na cerimonia recoñeceuse a labor de iniciativas innovadoras xurdidas a partir do ámbito das tres universidades públicas galegas

Un libro lembra a figura de Fernando Calvet, Científico Galego do Ano

A publicación presentouse na facultade de Química na USC para enmarcar os actos de homenaxe ao pioneiro da industria farmacéutica galega

GCiencia lanza un proxecto multimedia para recuperar a memoria das galegas medievais

A iniciativa, seleccionada pola área de Cultura da Deputación da Coruña, ofrecerá contidos escritos e audiovisuais

GCiencia consolídase como medio en galego líder en Instagram ao acadar os 40.000 seguidores

A suma de todas as súas redes sociais supera xa as 140.000 persoas, unha cifra histórica para un proxecto especializado, feito en Galicia e enteiramente en galego