Aparecen centos de medusas mortas na praia de Nerga

Unha das hipóteses que podería explicar o fenómeno é que as correntes e o vento levasen a case 200 exemplares a varar no areal de Cangas

Centos de medusas vararon esta fin de semana na praia de Nerga, en Cangas do Morrazo. Unha veciña que paseaba polo areal o domingo pola mañá deu a voz de alarma ao avistar “uns 200 exemplares” espallados ao longo e ancho da praia. Aínda se descoñecen tanto a especie como as causas do varamento masivo, pero hai algunhas hipóteses que poderían explicar o fenómeno. O director da Estación Biolóxica da Graña, Guillermo Díaz, baralla a posibilidade de que as correntes e o vento levasen as medusas a varar na praia, aínda que para corroborar esta teoría habería que analizar en que estado chegaron os exemplares ao areal.

“Os varamentos masivos coma este non son raros en Galicia. Nas costas de Ferrolterra, por exemplo, chegan moitas carabelas portuguesas ao final do verán”, sinala o experto. Con todo, a chegada de medusas a Nerga non é o único acontecemento destas características que ocorreu en Galicia nas últimas semanas. Tamén vararon recentemente exemplares de Pelagia noctiluca nos areais de Carnota e Area Maior; un fenómeno que se puido deber ao temporal costeiro que azoutou hai unha semana o litoral galego. Con todo, Díaz asegura que hai outros motivos polos que as medusas chegan á costa, como o quecemento das augas e a diminución dos depredadores.

Publicidade

Vídeo das medusas varadas en Nerga esta fin de semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo logra criopreservar larvas de medusa por primeira vez no mundo

O estudo do CIM pode transformar as estratexias de conservación da biodiversidade mariña e impulsar novas liñas de investigación en bioloxía e acuicultura

Praias galegas pechadas ao baño pola carabela portuguesa: por que hai cada vez máis?

Os movementos das correntes e os cambios na temperatura do mar son algunhas das causas do aumento da súa presenza na comunidade

Confirmada a presenza de larvas de mosquito tigre no concello de Mos

O municipio pontevedrés súmase aos de Moaña, Vigo, Redondela, O Porriño, Cangas, Vilaboa e Bueu, onde xa está introducida a especie

A Caniza, Cangas de Morrazo e O Riós: a Xunta e a RAG impulsan 2.500 cambios na toponimia galega

Durante o proceso tivéronse en conta cuestións como a ausencia do artigo, a zona dialectal e revisións xeográficas