Sábado 27 Abril 2024

Aparece unha quenlla na Illa de Arousa cunha ferida nun costado

O exemplar de 1,5 metros de lonxitude achegouse á liña de costa, algo pouco habitual nesta especie propia de augas máis frías e oceánicas

Unha quenlla (Prionace glauca) de 1,5 metros de lonxitude sorprendeu este mércores aos veciños da Illa de Arousa mentres paseaban polo porto. Un exemplar xuvenil achegouse á liña de costa, algo pouco habitual nesta especie propia de augas máis frías e oceánicas. Porén, esta quenlla avistouse nadando en augas superficiais e cunha ferida nun costado, que puido ser causada por un arpón. Por iso, barállase a hipótese de que aparecese dentro da ría na busca de augas máis tranquilas.

Segundo detectan dende a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (Cemma), nos últimos anos estase a incrementar a chegada de quenllas ás liñas de costa galegas. Isto é un fenómeno novidoso, dado que é habitual ver tiburóns en Galicia, pero non tan preto das praias. O maior pico de chegadas prodúcese entre xullo e agosto en exemplares máis pequenos, que acaban de nacer, e poden medir entre 50 e 70 centímetros. Moitos deles chegan á costa para buscar alimento.

Publicidade

O mariñeiro e divulgador Rogelio Santos Queiruga dicía a través da súa canle de Twitter que a quenlla que apareceu na Illa “corre máis perigo ca nós”, pedindo así que non se incomode ao exemplar. “Que se vexan próximos á costa é unha boa noticia. É sinal de que en alta mar, o sitio no que adoitan vivir, se pode estar recuperando despois de décadas de sobrepesca. Pode que no futuro volvan ser unha fonte de alimento, emprego e cartos para o maltreito sector pesqueiro”, di o divulgador, que pide tratalos ben e velos dende a costa, con “prudencia e respecto”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que é necesario protexer o illote do Areoso?

A Xunta establece un máximo de 150 visitantes por día repartidos en tres quendas e limita a pesca recreativa

Retiran unha balea morta na Illa de Arousa tras varar varios días na ría

Foi trasladada ao porto de Cabodeiro nun difícil operativo debido ao peso do animal, que se atopaba nun avanzado estado de descomposición

O día no que a Illa de Arousa foi unha república independente

Unha historia marcada polo viño, dúas bombas e a represión e fusilamento tras o Golpe de Estado franquista

O buque que verteu fuel na Arousa deberá pagar unha fianza de 230.000 euros

O barco WEC Vermeer está retido no porto de Vigo e xa recoñeceu que soltou arredor de 150 litros de combustible ao mar