Por que é necesario protexer o illote do Areoso?

A Xunta establece un máximo de 150 visitantes por día repartidos en tres quendas e limita a pesca recreativa

A orde que regulará o acceso e brindará maior protección ao illote do Areoso, na Illa de Arousa, entrará en vigor a comezos do próximo mes de xullo. O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible abordou este luns o proxecto co que a Xunta prevé establecer un máximo de 150 visitantes no tamén chamado arquipélago dos Guidoiros. Ramón Blanco Chao, investigador da Universidade de Santiago (USC) que analizou as dinámicas deste lugar, valora positivamente esta medida “urxente” para protexer non só a contorna natural, senón tamén todo o patrimonio arqueolóxico que posúe.

No Areoso descubríronse mámoas, cistas, cerámicas e restos de ósos que afloran polo efectos das mareas. O illote mide case nove hectáreas e está formado por por unha ampla lingua de area branca e fina pola que precisamente é coñecida. Aquí consérvanse un dos xacementos arqueóloxicos máis sorprendentes e importantes de Galicia. Hai 3.000 anos o nivel do mar estaba moito máis baixo que o actual. É un xacemento milenario e o único disposto na zona costeira que conta con cinco mámoas, mais unha delas xa foi destruída. Son varias as causas do estrago deste espazo e a acción antrópica é unha das principais.

Publicidade

Durante a temporada de verán moitos visitantes non respectan o patrimonio e fan uso das mámoas, sen coidado, para sacar fotografías. Para chegar o illote as persoas empregan embarcacións a motor moi preto da area, o que inevitablemente ameaza á fauna da contorna. Con todo, tamén hai outras alternativas de transporte que se incorporaron nos últimos anos como o kayak, aínda que isto non evita as aglomeracións. O illote está incluído no inventario de patrimonio cultural de Galicia e está considerado un dos xacementos más importantes de Galicia. Todos os restos arqueolóxicos están situados na zona intermareal, nos solos antigos soterrados baixo a area, onde a acción do mar os deixa á vista, polo que corren perigo de destrución.

Dende finais do séxulo XX O Areoso sufriu a presión da acción humana

“A partir dos traballos sabemos que o illote do aeroso ten unha dinámica moi activa e responde moi rapidamente aos cambios que se poden producir no medio ambiente e pola acción do ser humano”, explica Blanco. Neste senso, o investigador indica que a partir de finais do século XX o arquipélago dos Guidoiros, máis fráxil que outras zonas do litoral galego, estivo sometida a unha elevada presión. “É difícil de contentar a todos os sectores implicados. Hai un uso turístico e un sentido de pertenza dentro da illa. A veces acadar os equilibrios é un pouco difícil”, alega.

Publicidade

Exceso de afluencia

Dende a Xunta de Galicia explican que nos últimos anos se percibe un exceso de afluencia que pon en perigo o patrimonio natural da flora e da fauna que o illote alberga, “dende a píllara das dunas a outro tipo de especies”. A orde suma un total de 375 alegacións e foron admitidas o 90%. Desta maneira, as visitas quedan rextrinxidas en tempada alta a un máximo de 150 persoas en tres quendas: da madrugada ás 13.00 horas, das 13.00h ás 17.00h e das 17.00h ata o atardecer. Permítese a pesca recreativa excepto nos 200 metros á redonda do Areoso e o fondeo tamén pero de maneira restrinxida. “Isto farase nun sistema igual que o acceso ao parque nacional (Illas Atlánticas) ou As Catedrais e despois con controis aleatorios e a través dunha declaración responsable”, explicou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nin bárbaros nin salvaxes: así coidaban os galegos dos seus enfermos hai 1.500 anos

Unha investigación da USC revela que as comunidades galegas mantiñan redes de solidariedade vitais para protexer os máis vulnerables

Novos achados confirman a longa ocupación da illa de Tambo

Unha campaña arqueolóxica, promovida polo Concello de Poio, documenta a presenza humana continuada dende a prehistoria ata a etapa militar contemporánea

A arqueóloga que descubriu a súa paixón aos 12 e hoxe lidera un proxecto ERC dende Galicia

A investigadora do CRETUS Olalla López Costas avanza na investigación sobre paleocontaminación grazas ao apoio do programa Oportunius da Xunta

Do lume ao abandono: a situación límite da mina galega de volframio controlada polos nazis

Unha campaña de recadación de fondos busca protexer a antiga explotación de Casaio tras o grave impacto dos incendios de agosto