Así se ve dende a Antártida un eclipse total de sol

Houbo case dous minutos de escuridade total cando a sombra da lúa tapou por completo a luz do sol, un fenómeno inmortalizado polos fotógrafos a bordo de dous buques

Un minuto e 54 segundos. Ese é o tempo que durou a escuridade na Antártida, protagonista dun eclipse total de sol. Ocorreu o sábado 4 de decembro e o fenómeno quedou inmortalizado grazas aos fotógrafos que ían a bordo de dous buques: o National Geographic Resolution e o National Geographic Endurance. Pero eles non foron os únicos espectadores. Os pingüíns tamén se congregaron para contemplar a escuridade que provocou a sombra da lúa.

Para observar o próximo eclipse solar total haberá que esperar arredor de ano e medio. En abril de 2023, o fenómeno será visible en partes do sudeste asiático e Australia. Zonas con moitos máis espectadores que a Antártida. Malia que nós teñamos que seguir esperando para ver este espectáculo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Unha plataforma desenvolvida en Vigo abre novas vías para a rehabilitación da cognición social con IA

O proxecto ET-Plus, impulsado polo IIS Galicia Sur, personaliza o adestramento de habilidades en persoas con patoloxías mentais graves ou adiccións

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Dous proxectos con selo USC reciben máis dun millón de euros en financiamento da Fundación “La Caixa”

Un estuda a aplicación clínica segura da radioterapia FLASH e o outro investiga a administración de fármacos atravesando as barreiras protectoras do cerebro