Novas imaxes da cara oculta da Lúa tomadas pola sonda chinesa

O rover Yutu 2 e a sonda espacial Chang'e-4 están a tomar novas imaxes do noso satélite

A Administración Espacial Nacional China publicou varias imaxes da cara oculta da Lúa, tomadas recentemente pola súa sonda espacial Chang’e-4. No noso único satélite natural alunizou tamén o rover Yutu-2, que explorou terreo nunca antes visto tan de preto.

A superficie da Lúa dende a sonda. Foto: Axencia China Espacial.

As imaxes de alta definición foron tomadas pola cámara rotatoria instalada sobre o aluador e recollidas nunha panorámica de 360 graos. Nesta pódese ver o rover movéndose e mesmo definir as súas pegadas no terreo virxe da Lúa.

Publicidade

A pegada do rover chinés sobre a Lúa. Foto: CNSA.
Cráteres de impacto na Lúa tomados pola sonda chinesa.

Ademais da panorámica, a CNSA distribuíu imaxes da sonda e o rover, que se fotografaron mutuamente. Ademais das tomas, a axencia compartiu o vídeo que revela o momento de aterraxe de Chang’e-4 sobre a superficie.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

A tripulación de Artemis II pon rumbo á casa tras establecer o récord histórico de distancia coa Terra

A nave Orión atravesa a cara oculta da Lúa e establece unha nova referencia de afastamento de 406.733 quiómetros, superando en 6.000 a Apolo 13

Unha travesía á cara oculta da Lúa: estas son as mellores imaxes da misión Artemis

A tripulación afronta dez xornadas de voo profundo con fitos históricos, illamento de comunicacións e observacións inéditas do hemiferio non visible do satélite