A polémica constelación Starlink pasa esta noite sobre Galicia

O 'tren de estrelas' será visible ás 21.59 horas ollando cara ao norte e pasará en desde o oeste cara ao leste

A constelación de satélites Starlink, impulsada polo empresario estadounidense Elon Musk, poderá verse hoxe nos ceos de Galicia ás 21.59 horas, coa aparencia dun tren de luces que avanza a grade velocidade no ceo nocturno.

O paso da constelación Starlink será visible dende as 21.58 ata as 22.01, mirando cara ao norte, e pasando desde o oeste cara ao leste.

Publicidade

A aparición do que semella un ‘tren de estrelas‘ adoita xerar certa alarma en redes sociais porque constitúe un fenómeno inusual que capta a atención dos que asisten ao seu paso.

O 23 de maio de 2019 a compañía SpaceX, de Elon Musk, lanzou a primeira rolda de satélites do seu proxecto Starlink, un conglomerado de miles de aparellos co que pretenden mellorar as conexións de banda ancha en todo o mundo, e ao tempo vender estes servizos a diversos tipos de empresas e institucións. Daquela, a bordo dun foguete Falcon 9, puxéronse en órbita os primeiros 60 satélites, que orbitan a algo máis de 450 quilómetros de altura sobre as nosas cabezas.

Publicidade

Esta noite, cos ceos maioritariamente despexados que se agardan en Galicia, hai unha oportunidade para velos aquí.

Musk estima que lanzará uns 12.000 satélites que conformarán a rede Starlink. A Unión Astronómica Internacional cre que unha cifra tan grande terá efectos prexudiciais na observación dos astros.

A rede de satélites Starlink estará formada por miles de satélites arredor do planeta. Fonte: starlink.com.
A rede de satélites Starlink estará formada por miles de satélites arredor do planeta. Fonte: starlink.com.

“SpaceX está propoñendo engadir 12.000 novos satélites na órbita baixa da Terra, onde está a maior parte do lixo espacial. Isto significa que en poucos anos haberá un 40% máis de obxectos, en contraste cos 60 anos que tardamos en acumular a masa actual de lixo”, expuxo cando foron lanzados Alice Gorman, experta en arqueoloxía espacial da universidade Flinders de Adelaida (Australia), en declaracións recollidas por ScienceAlert.

Neste sentido, numerosos astronómos e físicos contactaron coa Comisión Federal de Comunicaciones de Estados Unidos, encargada de autorizar o lanzamento desta rede, para instala a reconsiderar esta autorización, xa que tamén podería ter consecuencias nas redes de telecomunicacións e dificultar, debido ás interferencias, as medicións dos radiotelescopios instalados por todo o planeta.

A constelación de Elon Musk xa dificulta a observación de meteoros

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla