A nave da misión Artemis I regresa con éxito á Terra tras un mes xirando arredor da Lúa

A nave Orión amarou o pasado domingo nas augas do Océano Pacífico tras facer historia co seu voo de case 26 días sen tripulación en torno ao noso satélite

O 16 de novembro de 2022 completouse con éxito o despegue da misión non tripulada de Artemis I, a primeira dun programa espacial da NASA para viaxar á Lúa e a Marte, dende o Centro Espacial Kennedy da NASA en Florida (EE.UU.).

Tras 25 días e case 11 horas de voo, o domingo 11 de decembro sobre as 18.40 hora española, a cápsula de Orion amarou cerca da illa de Guadalupe, a uns 320 km de Baixa California, en México, xa que por cuestións metereolóxicas non foi posible facelo nas costas de San Diego, en EE.UU. Xustamente, o seu retorno á Terra coincidiu cunha data sinalada, pois cumplíronse 50 anos da última vez que dous astronautas, Gene Cernan e Harrison Schmitt, da Apolo 17, pisaron a Lúa.

Publicidade

A nave Orión alcanzou a atmósfera terrestre a unha velocidade de 40.000 km/h e percorreu, sen sufrir ningún dano, a excepción dalgún apagón restablecido rápidamente, un total de 2,2 millóns de kilómetros, como estaba previsto.

O obxectivo desta primeira proba do programa Artemis é preparar á presenza humana permanente no noso satélite, de modo que agora a cápsula será estudada polos enxeñeiros da NASA, que recompilarán información sobre o impacto das temperaturas na súa estrutura. Así, preténdese garantizar un regreso seguro, desta volta con catro astronautas humanos nunha segunda fase prevista para 2024: a misión Artemis II.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo