Nos anos 60 e 70 do século XX, Galicia experimentou un importante cambio social, demográfico e económico. A emigración exterior (nesa época, sobre todo a Europa, pero tamén a outras partes de España) e interior, das aldeas cara ás principais vilas e as cidades, mudaron en boa medida a paisaxe e os modos de vida de moita xente. Aqueles anos de importantes mudanzas notábanse a pé de rúa, pero tamén son visibles desde o aire. Naqueles anos, a fotografía aérea tomou pulo como un novo xeito de retratar o país. A disciplina iniciouse como tal a comezos do século XX, cando os primeiros avións foron o suficientemente seguros para levar a bordo aos camarógrafos.
Nun primeiro momento, os fins eran, sobre todo, militares. No territorio español, o fito máis coñecido foi o voo americano dos anos 1956 e 1957, que se segue usando con moita frecuencia para o estudo da evolución do territorio. E a finais da mesma década comezan a xurdir empresas privadas que orientan a toma destas imaxes cara a fins comerciais. En Galicia, a partir dos anos 60, sobrevoan o territorio aparellos que desde o ceo sentan as bases da confección dos catastros ou a elaboración de mapas. E aparecen tamén empresas que se fixeron un oco nas casas de moitas familias galegas. Unha delas, Fotografía Aérea y Terrestre S.L. (FOAT), comezou a tomar imaxes en branco e negro que despois colleron cor, e que son un relevante documento para descubrir como eran as cidades, vilas e aldeas de Galicia, así como as paisaxes nas que se asentaron. O Arquivo de Galicia recolle desde o ano 2015 un gran número de imaxes tomadas por FOAT desde 1961 ata 1992, e segue sendo unha das principais ferramentas para o estudo do territorio galego. Na edición dixital do devandito arquivo poden consultarse imaxes de moitas cidades e vilas. Aquí recóllense 75 exemplos, centrados en dúas décadas, as dos anos 60 e 70, na que moitas zonas aínda non experimentaran (ou apenas comezaban a facelo) o crecemento urbanístico que define esta etapa da historia contemporánea.
Publicidade
1. Santiago de Compostela (1964)
Vista do centro histórico e da zona norte da cidade. Santiago.
2. Vista xeral de Vigo (1964)
3. Avenida da Gran Vía de Vigo (1965)
Vista aérea da avenida da Gran Vía parcialmente edificada, no tramo que se achega á Praza de España e, ao fondo, a ría de Vigo.
4. A Coruña (1974)
Vista xeral da cidade coa avenida de Alfonso Molina en primeiro termo.
5. Porto da Coruña (1965)
Cidade da Coruña, co Porto en primeiro termo, no ano 1965.
6. Pontevedra (1961)
Barrio da Moureira. Pontevedra
7. Pontevedra (1967)
Vista xeral da cidade.
8. Cambados (1970)
Núcleo urbano e porto de Cambados.
9. Lugo (1964)
Vista aérea da muralla romana. Lugo.
10. Lugo (1972)
Praza Maior.
11. Vilagarcía de Arousa (1970)
Vista xeral do casco urbano e o porto.
12. Baiona (1970)
Enseada de Baiona e desembocadura do río Miñor.
13. Ourense (1965)
Ponte sobre o río Miño.
14. Ferrol (1970)
Vista da ría de Ferrol.
15. Oleiros (1977)
Casco urbano e castelo de Santa Cruz.
16. Nigrán (1970)
Templo Votivo do Mar de Panxón xunto cos campos e vivendas da contorna e praia da Madorra.
17. A Guarda (1970)
Vista aérea xeral do núcleo urbano da Guarda e da costa atlántica, tomada a altura do monte Santa Trega.
18. Tui (1971)
Vista aérea xeral da vila de Tui, presidida pola catedral e o núcleo histórico, cos campos da contorna e, na parte inferior esquerda da imaxe, o río Miño.
19. Pontedeume (1970)
Vista aérea do núcelo urbano de Pontedeume coa ponte medieval en primeiro termo.
20. Redondela (1972)
Vista da ría de Vigo, con Cesantes en primeiro termo.
21. Boiro (1971)
Vista aérea da enseada da Mercede e a praia de Barraña, delimitadas polos núcleos de Escarabote e Cabo de Cruz, tomada desde o lado sur. Ao fondo á dereita, núcleo de Boiro.
22. Ribadeo (1971)
Vista aérea xeral do núcleo urbano de Ribadeo co porto en primeiro termo.
23. Malpica de Bergantiños (1975)
Vista aérea do núcleo urbano de Malpica, tomado desde o interior, co porto no lado dereito e a praia no esquerdo.
24. Poio (1976)
Vista aérea xeral do núcleo urbano e porto de Combarro xunto coas vivendas e campos da contorna.
25. Carballo (1977)
Casco urbano de Carballo.
26. Ribeira (1970)
Vista aérea do porto e do núcleo urbano de Ribeira xunto cos campos da contorna.
27. Verín (1976)
Vista aérea do porto e do núcleo urbano de Verín.
28. Marín (1976)
Casco urbano de Marín.
29. Vilanova de Arousa (1965)
Vista aérea xeral do núcleo urbano e da costa do esteiro de Vilanova de Arousa.
30. Illa de Arousa (1965)
Vista aérea xeral da illa de Arousa tomada desde o espazo natural do Carreirón.
31. O Barco de Valdeorras (1965)
Vista do casco urbano do Barco, co Sil á esquerda.
32. Soutomaior (1964)
Vista aérea xeral da ponte do ferrocarril e da ponte románica de Pontesampaio sobre o río Verdugo na localidade de Arcade.
33. Cangas (1964)
Vista aérea do núcleo urbano e o porto de Cangas cos campos da contorna e, ao fondo, as illas Cíes..
34. Betanzos (1977)
Vista aérea xeral da cidade de Betanzos co río Mandeo e campos de arredor.
35. Ribadavia (1970)
Vista do centro histórico de Ribadavia tomada desde o río Avia.
36. A Laracha (1977)
Núcleo urbano da Laracha visto desde a entrada de Paiosaco.
37. As Pontes (1970)
Vista aérea do núcleo urbano co poboado das Veigas ao fondo no concello das Pontes.
38. Mondoñedo (1971)
Vista aérea xeral do núcleo urbano de Mondoñedo, coa catedral e o seminario de Santa Catalina coma lugares destacados, e os campos da contorna.
39. Noia (1968)
Vista aérea xeral da ría de Muros e Noia, coa segunda vila ao fondo.
40. Fisterra (1971)
Vista aérea xeral do núcleo urbano e porto de Fisterra co cabo, o faro (arriba á esquerda) e costa da contorna.
41. Bueu (1965)
Vista aérea do núcleo urbano e porto de Bueu xunto coa costa, onde destaca o cabo Udra, os campos da contorna e, ao fondo, Ons.
42. San Cristovo de Cea (1972)
Fachada principal do mosteiro de Oseira e da igrexa xunto cos campos e edificios anexos.
43. Sarria (1965)
Vista aérea xeral do núcleo urbano de Sarria cos campos da contorna.
44. A Pobra de Trives (1972)
Lugar de San Tomé cos campos de cultivo e montes da contorna.
45. A Rúa (1971)
Vista aérea do núcleo urbano da Rúa coa estación de ferrocarril en primeiro termo e os campos de cultivo da contorna.
46. Abegondo (1976)
Vista áerea das obras no encoro de Cecebre cos campos de arredor e as estradas que a circundan.
47. Castro Caldelas (1965)
Vista aérea do castelo xunto cos edificios do núcleo urbano de Castro Caldelas e campos da contorna.
48. Foz (1968)
Vista aérea do núcleo urbano de Foz coa praia da Rapadoira e a entrada da ría ao fondo.
49. Corcubión e Cee (1964)
Corcubión en primeiro termo, e Cee, ao fondo á dereita.
50. Samos (1965)
Mosteiro e núcleo de Samos.
51. A Pobra do Caramiñal (1970)
Vista do porto e do núcleo urbano xunto coa alameda.
52. Carral (1977)
Vista do casco urbano de Carral e a contorna.
53. Ponteareas (1975)
Aldea de San Salvador de Cristiñade cos campos de viñas do Condado.
54. Miño (1977)
Vista aérea do casco urbano do concello de Miño xunto coa estación de ferrocarril e a costa.
55. Vigo (1972)
Vista aérea da ría e das instalación portuarias de Vigo tomada á altura do monte do Castro, coa vila de Cangas ao fondo.
56. Sada (1964)
Vista aérea do pazo de Meirás.
57. Redondela (1974)
Vista aérea da Illa de San Simón na ría de Vigo coa praia e o peirao de Cesantes no concello de Redondela.
58. O Grove (1970)
Vista aérea da costa da illa da Toxa onde destacan os edificios do actual Talaso Hotel, o Casino e o Gran Hotel.
59. As Pontes (1970)
Partido de fútbol no campo do Poboado das Veigas.
60. Santiago de Compostela (1970)
Vista aérea do ensanche compostelano co barrio de Conxo e a estación de Cornes en primeiro termo.
61. Illas Cíes (1965)
Vista aérea da parte norte do areal da praia de Rodas coa illa de Monteagudo.
62. Oleiros (1965)
Vista aérea da ría do Burgo coa praia de Santa Cristina en primeiro termo.
63. Mos (1977)
Vista aérea xeral da pista do aeroporto de Peinador cos campos da contorna e, ao fondo, a cidade e a ría de Vigo.
64. Nogueira de Ramuín (1972)
Vista dos distintos recintos amurallados do castelo tomada desde a zona de acceso na parte baixa.
65. A Laracha (1977)
Vista aérea do porto e nucleo urbano da vila de Caión.
66. Área da Coruña (1976)
Vista aérea de naves industriais. A localización exacta non se detalla no arquivo.
67. Vigo (1974)
Vista aérea da cimentación e estado das obras do edifcio do concello de Vigo e da Praza do Rei.
68. Baiona (1967)
Vista aérea do parque coa Virxe da Rocha e ao fondo Monte Boi co castelo de Monterreal á esquerda e, á dereita, o núcleo urbano de Baiona.
69. Ría de Vigo (1964)
Vista aérea das bateas da ría de Vigo situadas entre a costa de Redondela e Vigo.
70. Nigrán (1967)
Vista aérea da ponte románica da Ramallosa detrás da ponte moderna para vehículos sobre o río Miñor na súa desembocadura.
71. Ourense (1965)
Vista aérea do centro urbano da cidade coas rúas do Paseo e do Progreso,o edificio da Deputación e a praza de Eugenio Montes como lugares máis salientables.
72. Cangas (1965)
Vista aérea xeral da ría de Aldán coa praia de Vilariño en primeiro termo e a localidade e porto de Aldán na parte dereita da imaxe.
73. A Coruña (1965)
Vista xeral da cidade da Coruña co barrio de Monte Alto en primeiro termo e o porto e a enseada do Orzán enmarcado a imaxe pola esquerda e dereita respectivamente.
74. A Coruña (1964)
Vista aérea da praia de Riazor co estadio ao fondo.
75. Lugo (1964)
Vista aérea da catedral e da muralla romana cos edificios do casco histórico da contorna.
Unha profunda borrasca no Atlántico afectará ao litoral galego creando unha alerta amarela por ondas de entre catro e cinco metros de altura para este martes e mércores
O investigador foi pioneiro en aplicar a bioquímica á industria e dirixiu os Laboratorios Zeltia, onde logrou patentar máis de dez especialidades farmacéuticas
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoNonPolítica de Privacidade
PParep6
A foto 39 que pon Ortigueira parece máis a entrada da enseada de Noia coa praia de Testal á dereita e Noia ao fondo
A foto 69 corresponde a Illa de Samertolameu e o monte Faro no concello de Moaña.
*Bergondo
A foto 66 corresponde ó Espíritu Santo, entre Berhonfo e Sada. A parcela baleira que se ve en primeiro termo corresponde á ubicación actual da ITV.