Xoves 18 Abril 2024

Novo máximo de mortos por coronavirus: 849 en 24 horas en España

As vítimas mortais desde o inicio da crise son xa 8.189 e os contaxios ascenden a 94.417, preto de 9.000 máis que o pasado luns

A curva das mortes por coronavirus en España segue a repuntar, ao marcar un novo máximo este martes, segundo os datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade. O repunte nas cifras de falecidos en España supón 849 persoas falecidas nas últimas 24 horas. O anterior máximo foron as 838 mortes das que se informou o pasado domingo.

As vítimas mortais desde o inicio da crise son xa 8.189 e os contaxios ascenden a 94.417, preto de 9.000 máis que o pasado luns.

Publicidade

Hai máis de 19.000 pacientes recuperados e máis de 5.600 requiriron ingreso na UCI.

Estados Unidos, o país con máis casos do mundo (máis de 164.000), superou os 3.000 falecidos con coronavirus mentres Nova York prepárase para un “tsunami” de contaxios, segundo o gobernador deste Estado, Andrew Cuomo.

Italia rexistrou este luns unha forte caída na cifra de novos casos de contaxio por coronavirus, así como unha cifra récord no número de pacientes recuperados desde que se declarou a pandemia. Un total de 1.590 persoas recibiron a alta en 24 horas. Segundo os datos ofrecidos polo xefe de Protección Civil, Angelo Borrelli, nas últimas 24 horas rexistráronse 1.648 novos casos, o que eleva a cifra total ata os 101.739. No que se refire á cifra de falecidos, vai na liña das rexistradas nos últimos días e eleva o total a 11.591.

Galicia sitúase preto dos 3.500 casos activos tras 584 novos positivos nas últimas horas

Por outra banda, o coronavirus segue a propagarse a gran velocidade por África. Desde o pasado 14 de febreiro, cando se declarou o primeiro contaxio no continente (un cidadán chinés en Exipto), se teñen rexistrado 5.160 contagios e 171 falecementos ata este luns. O último país en entrar na lista foi Botsuana a última hora de onte, cando confirmou tres casos.

De momento, só sete países dos 54 que hai no continente seguen sen anunciar contagios: Burundi, Comoras, Lesoto, Malaui, San Tomé e Príncipe, Serra Leona e Sudán do Sur.

Dada a vulnerabilidade dos seus sistemas de saúde, moitos países evitaron esperar a un desbordamento da situación e adiantáronse ao aplicar duras medidas para conter a propagación da enfermidade.

A pandemia afectou a máis de 786.000 persoas no mundo e deixa case 38.000 mortos, segundo o balance da universidade Johns Hopkins. A OMS calcula que se chegará ao millón de afectados a mediados de eta semana.

Mapa do coronavirus por CCAA, a 29 de marzo. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar o último informe do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade