Lixeiro descenso do número de mortos: 523 en España en 24 horas

Segundo o último balance do Ministerio de Sanidade, 18.579 morreron desde o inicio da pandemia, mentres que 177.633 se contaxiaron

Mapa de positivos oficiais por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

A cifra de falecidos diarios en España cae ata 523. Segundo o último balance do Ministerio de Sanidade, 18.579 morreron desde o inicio da pandemia, mentres que 177.633 se contaxiaron segundo os cómputos oficiais. Tamén hai 70.850 persoas curadas.

A pandemia de coronavirus está a piques de pasar outra barreira: a dos dous millóns de contaxiados. No mundo causou xa máis de 126.000 mortos, segundo o reconto da Universidade Johns Hopkins. Donald Trump, cuxo país, Estados Unidos, conta con 609.407 contagios e 26.041 mortos, acusou á OMS de “encubrir” a propagación do coronavirus e anunciou a conxelación dos fondos que achega cada ano ao organismo.

Evolución da curva dos casos positivos detectados. Fonte: Ministerio de Sanidade.

En Francia, hai xa máis de 15.000 falecidos e máis de 100.000 contaxiados por coronavirus, tras vivir outro día de récord. O país galo conta 15.729 mortes para un total de 103.573 casos confirmados da pandemia que terá aos franceses confinados polo menos outro mes máis, ata o 11 de maio. Un terzo dos falecidos (5.470) desde o comezo da crise son anciáns que pereceron nas residencias da terceira idade.

En China, continúan a rexistrarse novos positivos, que segundo as autoridades son todos importados. Rusia converteuse nunha nova fronte, xa que a maioría de positivos proceden de alí. 14 dos 36 casos importados nas últimas 24 horas producíronse na provincia de Heilongjiang, que fai fronteira co país, de onde regresaron 12 deles. Os catro novos casos localizados en Shanghái onte tamén se orixinaron en Rusia.

Galicia cumpre unha semana de baixada nas hospitalizacións por coronavirus

Estados Unidos excede os 26.000 falecidos por coronavirus con máis de 600.000 casos confirmados. O gobernador de Nova York, Andrew Cuomo, di que Nova York alcanzou “o pico” de contagios con preto de 11.000 mortos. “Cremos que chegamos ao pico”, dixo na rolda de prensa diaria, aínda que ao mesmo tempo matizou que se trata máis ben de “unha meseta” porque “o volume segue sendo alto”, con 1.600 novos casos e 778 novas mortes nas últimas 24 horas, o que arroxa un saldo de máis de 196.000 positivos.

Mapa de positivos oficiais por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

1 comentario

  1. Es muy triste leer que BAJA la cifra de muertos, cuando un solo fallecido entristece el alma. Y no se trata de simple crítica. La resolución es la de adoptar medidas como si fueras una guerra, mejor, estamos en guerra silenciosa con un mal de la naturaleza que nos acaba por nuestra propia estulticia y a veces por la indolencia y desidia. Es el momento de unir todos los esfuerzos para encontrar la dichosa vacuna o medicina que sirva pra remedio o paliativo.Agradecido por permitirme esstas líneas. Roberto

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.