Mapa de positivos por coronavirus por CCAA a 2 de abril. Fonte: Ministerio de Sanidade.

809 mortos por coronavirus en España en 24 horas

Oitavo día consecutivo por riba dos 800 falecementos no Estado

Menos mortes por coronavirus. España baixou por baixo de 900 o número de falecidos por Covid-19 nun día, despois de que este xoves e venres superasen amplamente esa cifra. 809 novos mortos elevan o total a 11.744, segundo informou este sábado o Ministerio de Sanidade. Os contaxios soben ata 124.736, con 7.026 novos infectados nas últimas 24 horas. 57.612 persoas necesitaron hospitalización e 34.219 foron dadas de alta

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anticipou este venres que “moi probablemente” recomendarán o uso xeneralizado de máscaras na poboación española: “Estamos a estudar un conxunto de medidas e probablemente ímola implementar, pero non quero adiantar nada”.

Este sábado, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, disponse a alongar o confinamento tras consultar a expertos. Onte, a Organización Mundial da Saúde (OMS) advertiu precisamente, en boca do seu director xeral, Tedros Adhanom Ghebreyesus, que relaxar as medidas de confinamento demasiado cedo pode provocar unha recaída sanitaria e económica.

En China, millóns de persoas gardaron tres minutos de silencio este sábado en recordo das vítimas do virus no país, 3.330 segundo o goberno chinés, unha cifra posta en dúbida nos últimos días.

Italia segue na cabeza en número de falecidos, 14.681 morreron nese país e 119.827 foron infectados segundo as contas oficiais. Estados Unidos, con máis de 277.000 contaxiados, é o país que máis casos conta, ademais de ter 7.157 defuncións.

Os hospitais galegos deron 102 altas por coronavirus entre o mércores e o xoves

Francia xa está entre os países do mundo con máis mortos con coronavirus, ao rexistrar 6.520 falecidos con máis de 83.029 casos contabilizados; mentres que Alemaña rexistrou 1.275 mortos con 91.159 casos. Suíza acumula 19.606 casos e 591 mortes.

Mención á parte merece a situación no Reino Unido, que a diferenza dos seus veciños, tardou días en decretar o confinamento. Xa hai 38.690 casos, entre eles o príncipe Carlos (xa curado) e o primeiro ministro Boris Johnson, ademais de 3.611 mortes.

Evolución da curva do coronavirus no gráfico do Ministerio de Sanidade.

Portugal detectou 9.886 casos e 246 mortes, e ten declarado o estado de alarma. Rusia deu conta de 4.149 casos e 34 mortes e o seu presidente, Vladimir Putin, que o 28 de marzo decretou nove días de vacacións obrigadas no país, deu vía libre ao seu goberno para declarar o estado de emerxencia pola pandemia. O alcalde de Moscova decretou o confinamento dos seus 12 millóns de habitantes. Turquía rexistra 20.921 contagios e 425 defuncións.

No mundo, 1,1 millóns de persoas contaxiáronse e máis de 58.900 morreron, segundo a Universidade Johns Hopkins.

O Instituto Carlos III detecta un retraso na notificación de defuncións en Galicia

A rapidez coa que se estende o virus levou a varios países a illarse do resto do mundo. A Unión Europea pechou súas fronteiras exteriores ata o 17 de abril e máis de 85 países prohibiron a entrada de viaxeiros procedentes de países cunha grande incidencia, como Italia ou España. É o caso de Estados Unidos, que prohibiu a entrada de voos europeos durante un mes ou Israel, Arabia Saudita, Malaisia, Nepal, Italia ou El Salvador.

Mapa de positivos por coronavirus por CCAA, a 2 de abril. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.