Xoves 28 Marzo 2024

O número de hospitalizados en Galicia é o menor desde o 27 de marzo

Respecto a onte producíronse 140 novos positivos e 10 falecementos, o que eleva os casos activos aos 6.142 e os falecementos a 415

A Xunta de Galicia informou este venres que son 6.142 as persoas afectadas polo coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia, no que respecta ao cumio da pirámide de persoas afectadas (aquelas ás que se lle realizou a proba para confirmar a doenza). Aínda que o número de casos activos medra en 57 respecto ao mércores (ao descontar as altas e falecementos) a cifra de novos positivos que achega o Ministerio de Sanidad é de 140, Boa parte destes novos positivos cínguese, como nas últimas datas, ás residencias de persoas maiores ou con discapacidade. Os datos están actualizados ás 21 horas da noite anterior, polo que é posible que as cifras, sobre todo as de novos óbitos, cambien durante o día.

A boa nova deste venres é a nova caída das persoas ingresadas tanto nas UCIs de Galicia como no resto de unidades de hospitalización. Neste último caso, son 36 persoas menos (de 678 a 642), o que supón unha caída do 5,31%. Ademais, hai cinco persoas menos nas UCI (de 123 a 117), o que afasta por agora o risco de saturación dos centros sanitarios. Desde o día 6 de abril, cando se acadou o máximo de ingresos hospitalarios por Covid-19, a ocupación hospitalaria por esta causa baixou un 30% nas UCI e un 31% nas unidades de hospitalización.

Publicidade

Así, as cifras de hospitalización son as menores desde hai 20 días. O 28 de marzo eran 762 persoas (110 na UCI e 652 no resto de unidades), fronte aos 759 deste venres.

O resto dos casos, 5.383 (86,84% do total) están sendo atendidas en domicilio. Con todo, cómpre sinalar que nesta última porcentaxe se inclúen as persoas usuarias en residencias de maiores, que nalgún caso teñen un prognóstico grave debido ás complicacións propias da idade. De feito, boa parte dos falecementos dos últimos días rexístranse entre estas persoas atendidas “no domicilio”.

A Xunta inclúe nos hospitalizados en domicilio aos usuarios de residencias de maiores, algúns deles con prognóstico grave

No que abrangue aos falecementos, cóntanse 415 óbitos, 10 máis que nos datos do mércores.

No resumo da situación do último mes pode verse como o número de altas representa unha parte cada vez maior do total de casos confirmados ata o momento. Entre a noite do martes e a do mércores déronse 73 novas altas.


En atención ás cifras que achega a Xunta, por cada unha das sete áreas sanitarias nas que se reparte o territorio galego, actualmente estase seguindo a 1.371 persoas na área da Coruña-Cee, 591 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 1.207 na de Ourense-Verín-O Barco, 505 na de Pontevedra-Salnés, 1.095 na área de Vigo, 1.030 na de Santiago-Barbanza, e 343 na de Ferrol.

Así foi a evolución no último mes, desde o 13 de marzo, cando xa se difundían datos por áreas sanitarias.

O maior incremento deste venres tivo lugar na Coruña, con 91 casos máis có xoves, e producíronse aumentos moito menores en Ourense e Vigo, 2ª e 3ª áreas con máis casos. As tres zonas menos afectadas (Ferrol, Pontevedra e Lugo) amosan un crecemento moito máis lento, que se suma ao estancamento no caso de Vigo, nas últimas semanas. Ourense mantense coa maior incidencia da Covid-19 respecto ao total da poboación da área, en boa parte debido á confirmación de casos en residencias de maiores. Son máis de 1.200 casos e arredor dun terzo nestes centros.

Outro dos indicadores positivos sobre a epidemia é que a distancia entre os novos casos diarios e as altas diarias estase a reducir, como se pode ver baixo estas liñas, aínda que o incremento de novos positivos deste xoves afasta algo as traxectorias.

Residencias de maiores

En Galicia, a Consellería de Política Social segue achegando pola súa conta o número de casos activos en residencias de persoas maiores e con discapacidade, que na actualidade supoñen case o 23% das persoas afectadas en Galicia. 983 usuarios e 422 profesionais destes centros están infectados por coronavirus.

Respecto ao venres, boa parte dos novos casos correspóndense aos positivos confirmados na residencia Santa Teresa Jornet da Coruña, que pasou de 9 usuarios e 4 traballadores infectados a 47 e 15, cun aumento global de 43 casos.

Outros dos maiores focos están na cidade de Ourense (Nuestra Señora de La Esperanza da Fundación San Rosendo, Divino Maestro, tamén da Fundación San Rosendo, ou San José Hermanitas), DomusVi San Lázaro-Santiago, DomusVi Cangas, Nosa Señora de Fátima do Barco de Valdeorras, DomusVi Barreiro-Vigo, Portazgo-A Coruña, Claudina-Somoza da Coruña, San Pedro Crecente ou o CAPD Redondela.

Desde o comezo da crise, a Xunta notificou que 183 das persoas falecidas por coronavirus en Galicia (un 44,09% de todas as mortes) son residentes destas instalacións. 95 deles morreron nas residencias e 88 en hospitais e residencias integradas.

A Xunta informou tamén do número de probas PCR realizadas ata o momento: 57.400, o que supón por segundo día o máximo diario, con 3.571. Este é un dos métodos de detección da doenza, ademais das probas rápidas, que se están a usar en Galicia. Cómpre aclarar que o número total de probas PCR non se corresponde co de persoas analizadas mediante esta técnica, xa que algunhas delas son estudadas en dúas ou máis ocasións.

Crecemento da epidemia

Segundo o informe do Centro Nacional de Epidemioloxía, a taxa de crecemento da epidemia (é dicir, o incremento porcentual de casos novos nas últimas dúas semanas) de Galicia é do -8,5%, unha das menores de España, onde a media xeral é do -4,4%. Só en Ceuta, Melilla e Canarias os casos novos están baixando a maior velocidade que en Galicia, como se pode ver nesta táboa.

Esta é a situación actual en España:

Nova suba con 585 mortes por coronavirus en 24 horas en España

En Portugal:

E no mundo:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.