Nova suba con 585 mortes por coronavirus en 24 horas en España

Hai un incremento de casos positivos polas probas de PCR masivas que xa se están a realizar en todo o Estado

Os positivos medraron en España en 24 horas con 5.252 casos nuevos, un 2,8% más, polo aumento dos tests. Nos vindeiros días, a xeralización das probas PCR poden disparar os datos de positivos en España. “Durante uns días, temos que ir corrixindo as cifras pola introdución das probas serolóxicas”, explicou Fernando Simón, o Director do Centro de Emerxencias Sanitarias. Nas UCI redúcese o número de ingresados a un 1,5% de incremento. Os falecidos pasaron dun 38% de incremento a un 3% esta semana.

En total, houbo 585 novas mortes por coronavirus en España nas últimas 24 horas, aínda que o Goberno unificou os criterios para contar os falecidos, algo que provocará fortes cambios nas cifras nos vindeiros días.

Publicidade

O incremento de contaxios mantense no 3 por cento e a letalidade, nun elevadísimo 10,5%, que os expertos atribúen á falta de probas para detectar á poboación infectada.

“O impacto real non o saberemos ata que pase a epidemia. Necesitamos datos estables para interpretar as tendencias. Isto interésanos de forma prioritaria. Se os datos teñen demasiadas distorsións, é difícil tomar decisións”, explicou Fernando Simón: “Temos que readaptar os datos á nova situación, con novo test e comunidades que recollen datos de defuncións non confirmadas. Temos que reunir esta información sen artefacto. Imos tardar 2-3 días, estamos a traballar coas comunidades”.

Publicidade

A epidemia por coronavirus cobrouse a vida xa de máis de 145.000 persoas no mundo, onde se viron afectadas máis de 2,1 millóns, segundo a Universidade Johns Hopkins. En Wuhan, onde se orixinou a crise sanitaria, as autoridades elevaron un 50% a cifra de falecidos recoñecidos ata o de agora, polo que o balance de vítimas mortais en China ascende a 4.632. O ministro de Asuntos Exteriores chinés, Wang Yi, asegurou este venres que o seu país non encobre as cifras da pandemia.

Curva de casos acumulados de coronavirus en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Alemaña rexistra xa 133.830 casos positivos de coronavirus, o que a converte no quinto país do mundo con maior propagación da pandemia. Deles, 3.380 detectáronse nas últimas 24 horas, o que supón un certo incremento respecto a días anteriores. Un total de 81.800 xa se curaron, segundo os datos do instituto Robert Koch. Indican tamén que un total de 3.868 persoas morreron, o que significa un aumento de 299 mortes desde onte. A taxa de mortalidade ascende ao 2,9%.

O Goberno de Arxentina confirmou este xoves dez novas mortes por coronavirus, co que a cifra se eleva a 122. Segundo o Ministerio de Saúde, nas últimas 24 horas rexistráronse 89 novos contagios polo que suman 2.669 infectados.

Quen, cando e onde está morrendo pola Covid-19 en Galicia?

México rexistra 486 mortes e 6.297 casos de contaxio por Covid-19 ata este xoves. As autoridades sanitarias confirmaron 37 novas mortes e 450 contaxios máis que o día anterior.

Filipinas alcanzou as 387 mortes por coronavirus. O Ministerio de Saúde de Filipinas informou este venres de 25 novas mortes por coronavirus. Os casos confirmados no país son xa 5.878.

Mapa de casos positivos oficiais por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes ler os últimos datos sobre o coronavirus do Ministerio de Sanidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

A OMS alerta de que España xa non é un país libre de sarampelo

En 2024 confirmáronse 227 casos e en 2025 a cifra aumentou a 397, cunha alta porxentaxe de persoas non vacinadas e casos importados

Badiola: “Hai unha probabilidade moi alta de que a nova gran pandemia teña orixe animal”

O doutor especialista en sanidade animal, sobre a gripe aviaria: “O risco para a cidadanía é extremadamente baixo, pero non completamente inexistente”