Venres 29 Marzo 2024

Galicia estará pechada no Nadal e restrinxe as reunións a 6 persoas

A Consellería de Sanidade presenta o plan para estas festas, que fixa un máximo de dúas unidades familiares convivintes en xantares e ceas

Galicia permanecerá pechada perimetralmente durante todas as festas do Nadal, dende o 23 de decembro ata o 6 de xaneiro, periodo no que non se poderá entrar sen un motivo xustificado, aínda que estará permitido para realizar visitas a familiares. Será obrigatorio cumprimentar o rexistro de viaxeiros, que se establecerá para os que veñan de comunidades con incidencias por encima de 250. Está en estudo facer unha proba PCR para esas persoas e tamén para os estudantes que veñen de fóra de Galicia e os que se moven dentro de Galicia.

Ademais, as reunións entre ‘non conviventes’ estarán restrinxidas a un máximo de 6 persoas, sen contar aos menores de 10 anos. A Xunta recomenda que calquera celebración do Nadal sexa dunha soa unidade familiar de conviventes. No caso de que sexa preciso incorporar algunha persoa adicional, a recomendación é que non se excedan as dúas unidades familiares, con especial consideración ás persoas que viven soas.

Publicidade

Durante todo o Nadal o toque de queda seguirá vixente entre as 23.00 e as 6.00 horas, agás dous días: Noiteboa e Noitevella cando se atrasa á 1.30 horas.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou hoxe este plan para as vindeiras festas: “Vou ser claro, este é ou último Nadal sen vacina. Non tiremos todo o esforzo. Pido que o Nadal se viva doutro xeito”, manifestou.

As recomendacións da Xunta chegan ata os detalles máis mínimos para xantares e ceas nestas datas. As reunións serán “preferentemante ao aire libre”, pero en interior haberá que abrir as xanelas e debe limitarse o tempo de duración destas comidas.

Ademais, hai que manter a máscara posta cando non se estea a comer ou beber, mentres que a distancia mínima entre persoas na mesa debe ser de 1,5 metros. A mesa debe ser posta por unha única persoa. Non se poderán compartir bebidas nin alimentos, e se alguén se levanta, debe desinfectarse  antes de volver á mesa.

A Xunta volve pechar Santiago e pon en nivel máximo de alerta Ribeira, Bueu e Baiona

O conselleiro tamén recomendou reducir os contactos os días previos e que as unidades sexan estables. “Non nos fagamos trampas” reuníndonos con persoas distintas en cada unha das comidas, dixo García Comesaña.

O conselleiro lembrou as novas restricións aprobadas onte á noite polo comité clínico: Pasan a nivel básico os concellos de Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso. Os concellos de Ribeira, Bueu e Baiona entran no nivel máximo de restricións. Santiago pasa ao nivel medio e queda pechado perimetralmente. E os concellos de Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa e Fisterra pasan ao nivel medio alto de restrición.

Na mesma comparecencia deste mércores, a doutora Carmen Durán relatou a epidemiolóxica. Galicia está cunha incidencia de 167,48 a 14 días e a 7 días de 85. Esta incidencia pon de manifesto dúas cousas: unha tendencia estable pero crecente. Isto tamén o pon de manifesto o número reprodutivo, por encima de 1, aínda que a taxa de positividade está nun 5,75 %. Ambos os indicadores están por baixo da media de España.

En canto ás cidades, hai melloría na Coruña, Lugo e Vigo. Nesta última reduciuse de 193 a 165 casos por cen mil habitantes a 14 días.

O 95% dos habitantes de Galicia aínda non estivo exposto ao SARS-CoV-2

4 COMENTÁRIOS

  1. Hay que ter en conta que o virus ahora ten un ohario solo nos centros comerciales parece ser que ahi non hay e na hosteleria ven a partir de certa hr isto chamaxe favoritismo cas grandes superficies .parece que todos os politicos comen no mismo bebreiro da noxo.

  2. En Galicia no pueden reunirse mas de seis personas de dos unidadez familiares y sin embargo se permite que vengan a pasar las fiestas personas de otras comunidades y no dicen si familiares ni numero de personas

    • Los niños menores de 10 años no cuentan!!! me parto de la risa. Estudian si hacer una PCR si vienen de fuera, PUES CLARO QUE HAY QUE HACERLA!!!
      SOLO CONVIVIENTES, POR FAVOR!!!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Comesaña: "O Centro de Protonterapia tratará pacientes de cancro en 2025"

O conselleiro de Sanidade fala da situación da sanidade galega e dos novos proxectos de terapias oncolóxicas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais