A Xunta volve pechar Santiago e pon en nivel máximo de alerta Ribeira, Bueu e Baiona

O comité clínico acorda establecer peches perimetrais en 10 concellos e dá o visto bo ao paso ao nivel básico a outros seis municipios

O comité clínico da Consellería de Sanidade, reunido na tarde do martes, acordou novas medidas para conter a pandemia da Covid-19 en Galicia, que evoluciona de xeito desigual nas diferentes áreas. O aumento da incidencia detectado nos últimos días en Santiago de Compostela levou ao grupo a elevar o nivel de restricións a medio, o que establece o peche perimetral, no punto no que se atopaban ata agora cidades como A Coruña ou Lugo.

Por outra banda, a evolución epidemiolóxica nos concellos de Ribeira, Bueu e Baiona fixo que pasasen directamente do nivel básico ao máximo de restricións, con redución de horarios e capacidade máxima na hostalaría e redución das reunións a catro persoas, ademais do peche. Esta limitación de mobilidade tamén se establece en Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa de Arousa e Fisterra, pasan ao nivel medio-alto de restricións. Por agora non se aclarou se no caso dalgúns concellos limítrofes, como Santa Comba, Mazaricos ou Negreira, o peche será agrupado ou individual.

Publicidade

Alén disto, e debido á mellor evolución dos últimos días, acordouse eliminar a limitación de mobilidade e establecer o paso a nivel básico en Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso.

Detalles dos niveis:

Máximo: Reunións: máx. 4 persoas. Hostalaría: Interior pechado. Terrazas 50%. Peche ás 17h.

Publicidade

Medio-alto: Reunións: máx. 4 persoas. Hostalaría: Interior 30%. Terrazas 50%. Peche ás 17h

Medio: Reunións: máx. 6 persoas. Hostalaría: Interior 40%. Terrazas 50%. Peche ás 23h. Hostalaría: Interior 30%. Terrazas 50%. Peche ás 17

(Nos tres primeiros niveis establécense peches perimetrais, individuais ou agrupados en función de cada caso).

Básico: Reunións: máx. 6 persoas. Hostalaría: Interior 50%. Terrazas 75%. Peche ás 23h

Aínda que non se ven afectados por novas medidas, o comité desenvolverá unha vixilancia especial nos concellos de Verín, O Barco, A Rúa (que xa estaba en nivel medio-alto), Cedeira e San Sadurniño.

Está previsto que as medidas entren en vigor na medianoite do mércores ao xoves, unha vez publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Este mércores, a Consellería de Sanidade ofrecerá máis detalles sobre estas novas medidas, ademais de informar do plan de Nadal para Galicia.

1 comentario

  1. Me parece muy bien pero nunca debieron permitir las cenas de empresa multitudinaria,,esas fueron las culpables de qué Riveira y Boiro y más con ellos estean ahora en está triste situación , no se.que hacen los municipales qué no cumplen con su obligación es mejor estar en casita cobrando qué mandado por los bares y restaurantes para mirar si se están cumpliendo con los protocolos qué Marco el gobierno ,,parami los municipales de apie qué en mi pueblo sólo deben en verano para contar las mesas para cobrar pero cuándo empieza el invierno sólo se los ve pasar de vez pero muy en cuando en coche y así no se ven los bares ni.restaurantes y yo desde luego hace años qué no veo uno apie en invierno patrullando las calles y para eso pagamos nuestros impuestos.Buenas noches

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro