Estes son os 60 concellos galegos coa máxima restrición

Un total de 60 concellos galegos, onde vive o 47 por cento da poboación, estarán no nivel máximo de restrición dende hoxe. Trátase daqueles municipios onde hai unha incidencia acumulada nos últimos 14 días por riba dos 250 casos por cada 100.000 habitantes, ou onde a situación está a achegarse de xeito perigoso a estas cifras. Máis da metade destes concellos teñen máis de 10.000 habitantes, e entre eles atopamos catro cidades: A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol e Ourense. As restantes tres cidades (Vigo, Lugo e Pontevedra) estarán fóra do nivel máximo, pero terán peche perimetral.

 

As principais consecuencias para os 60 concellos en nivel de alerta máximo serán:

–Prohibición de entrar nin saír do seu concello agás por causas xustificadas como sanitarias, laborais ou coidado de maiores e menores. Tamén quedan eliminadas as agrupacións de municipios como ata agora. O límite será o propio límite municipal estrito. Vigo, Lugo e Pontevedra terán a mesma restrición, aínda que non están en nivel máximo de alerta.

Publicidade

-O aforo nos centros comerciais será do 30 por cento e as zonas comúns só se poderán usar para tránsito.

-Pechan os establecementos de xogo.

Publicidade

–Hostalería e restauración non poden servir no interior do local. Só pode facer comida para levar, que só se poderá recoller no local ata as 21.30 horas ou entregar ata as 12 da noite.

Os concellos afectados son:

A Coruña: A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carballo, Santiago de Compostela, Ames, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Ferrol, Narón, Fene, Cee, Camariñas, Cerceda, Laxe, Vimianzo, Cabanas, Pontedeume, Ortigueira, Outes, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Melide, Oroso, Trazo y Val do Dubra.

Lugo: Vilalba, Viveiro y Xove.

Ourense: Ourense, Barbadás, Carballiño, Verín, Allariz, Monterrei y Xinzo de Limia.

Pontevedra: A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Valga, Pontecesures, Caldas de Reis, Oia, Cuntis, O Rosal y Salvaterra do Miño.

Pola contra, os concellos en nivel medio-alto (o resto) poderán abrir o interior dos locais de hostalería ao 30% e as terrazas ao 50%, ata as 18.00 horas. A outra diferenza é que estes concellos non teñen peche perimetral.

Para todos os concellos de Galicia está vixente a prohibición de reunión de máis de 4 persoas non conviventes, en calquera lugar, sexa na rúa, domicilios ou bares.

Tampouco se poderá estar nun domicilio que non sexa o propio a partir das 18.00 horas.

Novas restricións: toque de queda ás 22h, peches, hostalería e reunións

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os chícharos galegos que buscan unha segunda oportunidade

O proxecto GUIPROGAL recupera variedades tradicionais con boas taxas de xerminación e potencial para a alimentación humana e animal

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX