Estes son os 60 concellos galegos coa máxima restrición

Un total de 60 concellos galegos, onde vive o 47 por cento da poboación, estarán no nivel máximo de restrición dende hoxe. Trátase daqueles municipios onde hai unha incidencia acumulada nos últimos 14 días por riba dos 250 casos por cada 100.000 habitantes, ou onde a situación está a achegarse de xeito perigoso a estas cifras. Máis da metade destes concellos teñen máis de 10.000 habitantes, e entre eles atopamos catro cidades: A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol e Ourense. As restantes tres cidades (Vigo, Lugo e Pontevedra) estarán fóra do nivel máximo, pero terán peche perimetral.

 

As principais consecuencias para os 60 concellos en nivel de alerta máximo serán:

Prohibición de entrar nin saír do seu concello agás por causas xustificadas como sanitarias, laborais ou coidado de maiores e menores. Tamén quedan eliminadas as agrupacións de municipios como ata agora. O límite será o propio límite municipal estrito. Vigo, Lugo e Pontevedra terán a mesma restrición, aínda que non están en nivel máximo de alerta.

Publicidade

-O aforo nos centros comerciais será do 30 por cento e as zonas comúns só se poderán usar para tránsito.

-Pechan os establecementos de xogo.

Publicidade

Hostalería e restauración non poden servir no interior do local. Só pode facer comida para levar, que só se poderá recoller no local ata as 21.30 horas ou entregar ata as 12 da noite.

Os concellos afectados son:

A Coruña: A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carballo, Santiago de Compostela, Ames, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Ferrol, Narón, Fene, Cee, Camariñas, Cerceda, Laxe, Vimianzo, Cabanas, Pontedeume, Ortigueira, Outes, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Melide, Oroso, Trazo y Val do Dubra.

Lugo: Vilalba, Viveiro y Xove.

Ourense: Ourense, Barbadás, Carballiño, Verín, Allariz, Monterrei y Xinzo de Limia.

Pontevedra: A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Valga, Pontecesures, Caldas de Reis, Oia, Cuntis, O Rosal y Salvaterra do Miño.

Pola contra, os concellos en nivel medio-alto (o resto) poderán abrir o interior dos locais de hostalería ao 30% e as terrazas ao 50%, ata as 18.00 horas. A outra diferenza é que estes concellos non teñen peche perimetral.

Para todos os concellos de Galicia está vixente a prohibición de reunión de máis de 4 persoas non conviventes, en calquera lugar, sexa na rúa, domicilios ou bares.

Tampouco se poderá estar nun domicilio que non sexa o propio a partir das 18.00 horas.

Novas restricións: toque de queda ás 22h, peches, hostalería e reunións

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño