Xoves 28 Marzo 2024

Novas restricións: toque de queda ás 22h, peches, hostalería e reunións

A Xunta anuncia as novas restricións para Galicia, con grandes limitacións ante o que consideran unha 'situación preocupante' da evolución da pandemia

Toque de queda adiantado ás 22.00 horas, toda a hostelaría de Galicia pechará ás 18.00 horas, o comercio debe pechar ás 21.30 e non se permiten reunións de máis de 4 persoas, nin se recomendan visitas a domicilios: “No domicilio está a unidade familiar. Non se deben substituir as reunións nos bares por reunións nas casas”, resumiu esta medida o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que este mércores presentou en rolda de prensa as novas restricións para Galicia polo avance da pandemia. Todos os concellos do país estarán en niveis medio-alto ou alto de alarma.

🗺️ As novas medidas son:

🚧Mobilidade: non se pechan os concellos que estean en nivel medio-alto agás Lugo, Pontevedra e Vigo.

Publicidade

🏥Visitas hospitalarias: unha persoa por paciente salvo casos realmente excepcionais.

🎭Cinemas, teatros e auditorios: 250 en espazos pechados e 500 ao aire libre. Sempre sentados.

🏃🏽‍♀️Actividades deportivas: grupos de máximo 4 persoas e aforo ao 50 %.

🏠Visitas a domicilios: non se deben ter reunións de non conviventes nos domicilios a partir das 18 horas e a recomendación esténdese a todo o día. “No domicilio está a unidade familiar”, apuntou o presidente da Xunta.

☕️ 🍺Hostalería: peche ás 18 horas, 30% no interior e 50% exterior. Permítese o reparto a domicilio. Nas áreas declaradas como nivel de alto de alerta non haberá sevizo no interior, senón só terrazas.

🛒Comercio: peche ás 21.30 e capacidade á metade. Nos centros comerciais queda prohibido permanecer nas zonas comúns. Non se permiten reunións nin conversacións.

🌖Confinamento nocturno: adiántase ás 22 horas.

🏨Cidades: as sete cidades quedan pechadas perimetralmente.

👩‍👩‍👧Reunións: un máximo de 4 persoas.

Recoméndase manter a actividade ao esencial: actividades sanitarias, escolares, coidado de dependentes e compras esenciais, así como laborais recuperando ao máximo de teletraballo.

Deste xeito, todos os concellos pasan ao nivel medio-alto ou máximo de alerta. “Con carácter xeral, o nivel medio-alto aplícase a toda a comunidade”, anunciou o presidente da Xunta.

“Ningún dos expertos e dos membros da Xunta ignoramos que as restricións supoñen efectos durísimos para determinados sectores económicos, para empregos e centos de familias”, recoñeceu Feijoo.

A decisión anunciáse no día no que se rexistran 9.479 casos activos. Hai 438 persoas en unidades de hospitalización e 73 na UCI. A taxa de incidencia ascendeu a 325 casos por cada 100.000 habitantes, e a 7 días está en 207.

Alertou o presidente da Xunta de que o momento é “especialmente preocupante”, aínda que a hospitalización é menor que o pico da segunda onda, coas UCIs un 22% por baixo e as plantas un 10 %. A situación é hoxe “mellor que cando tomamos medidas en novembro” pero “a progresión é peor”.

9 COMENTÁRIOS

  1. Esio de qu ningun menbro do comite ignora as “normas ” recordolle a o narcopresidente Feijoo que en navidades o vimos por a Coruña sen mascarilla a vostede e o igualmente inutil do seu xefe “Casado” o do master en manexo de pala imitando a vostede cando fixo o da mangueira porque estaba na oposicion asi que entendera que asumindo responsabilidades o seu lugar seria a cola do paro

  2. Se reduce el horario de la hostelería pero no se puede cerrar los colegios, claro mientras tanto los niños en riesgo y con frío en las clases. Pero en los centro comerciales calefacción y no hay reducción de horario muy bien señores

  3. Señores encierrennos ya todo el dia , dejen de dar palos de ciego y realmente estudien que es lo que pasa. Llevamos casi un año aplicando las mismas medidas en mayor o menor grado y no hay visos de mejora, tendremos “n” olas y seguiremos sin solución. Estamos gobernados por “pollos sin cabeza” .

  4. La restricción del cierre de la hostelería, con su compensación ausente, pone de manifiesto que no sabemos qué es un autónomo. No se trata de la hostelería en general, se trata de autónomos que tienen que echar el cierre, seguir pagando su alquiler de bajo comercial, su cuota de autónomos, empleados, agua y luz (recientemente subida). Y no se les va a compensar de ninguna manera, por mucho que en los periódicos se diga que si. Lo lamentaremos, seguro.

    • No faltes a la verdad. Los autónomos hemos estado protegidos durante la pandemia. Hay reducción de cuota o incluso paralización del pago de cuota en función de cada caso. Y el sector de la hostelería también ha estado recibiendo ayudas. Lo sé de primera mano. Otra cosa es que algunos autónomos pretendan recibir ayudas en relación a presuntas pérdidas. Si el año anterior no han declarado beneficios, evidentemente este año no van a recibir mucho. Es lo que tiene no haber declarado todos los beneficios como sí hemos hecho otros.

      • No soy autónomo de ese rango pero lo k si se es k somos la última puta mierda k existe en este país, solo nos quieren x los impuestos y ayudas las mínimas siempre miran la declaración, y no debería ser así

  5. Yo no entiendo muy bien con la situación dejar que la gente vaya a cafeterías y restaurantes en su interior, sabiendo que en los interiores la mascarilla brilla por su ausencia y lo peligroso que es, simplemente dejen las terrazas al cien por cien y si pueden hasta al doscientos por cien, pero nada de interiores, en mi ciudad que está al 30% dentro y 50% fuera, resulta que ves cafeterías con dos mesas fuera y diez o doce dentro, abarrotadas y sin mascarillas mucho tiempo, es mi opinión.

    • Te doy la razón en parte. Pero no culpemos a todo el sector de la hostelería. En muchos negocios se han hecho las cosas correctamente. Sin embargo, en el comercio he visto eso mismo que tu dices: exceso de aforo, falta de control. Pero con el comercio no se meten. Qué curioso.

      • Yo la diferencia que veo es que por ejemplo vas al comercio o al supermercado y no te quitas en ningún momento la mascarilla y en cambio dentro de la cafetería muchas personas están mucho tiempo sin ella y eso es peligroso, lo de las aglomeraciones también pero todo lo que sea al aire libre tiene un riesgo mínimo, por eso yo decía que les dejasen las terrazas al cien por cien y si tienen espacio que se lo dejen aprovechar y por supuesto los ayuntamientos deberían implicarse mucho más con este sector y este año no cobrarles ningún impuesto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.