A galega Alicia Tojeiro, elixida mellor profesora de España

A viguesa é mestra de Educación Primaria no CEIP Parga Pondal de Oleiros (A Coruña)

A profesora viguesa Alicia Tojeiro foi elixida hoxe como a mellor mestra de España, como gañadora dos IV Premios Educa Abanca. Tojeiro, que exerce en Oleiros (A Coruña) xa fora finalista na edición do 2018 e agora acada o máximo galardón.

A mestra acada o recoñecemento a mellor docente de Primaria de España. Nada en Vigo en 1978, traballa no CEIP Parga Pondal da localidade coruñesa, donde leva dando clase durante 20 anos, os últimos catro deles como especialista en Educación Primaria.

Publicidade

Durante dous anos, Alicia Tojeiro situouse como finalista nestes premios, coñecidos como os “Goya da Educación”. Finalmente, conseguiu o recoñecemento, que xorde a proposta dos propios pais e nais do alumnado.

Nunha entrevista publicada en 2018, cando foi finalista, a mestra comentaba que se mostraba “agradecida” pola posibilidade de poder demostrar que se pode crear unha escola na que “diversión e esforzo son compatibles”. O Concello de Oleiros felicitou tamén a esta docente polo seu “importante traballo” e os “numerosos proxectos proxectos e programas” que pon en marcha neste centro público.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela