Sábado 20 Abril 2024

España supera a China en mortos con 3.434 decesos por coronavirus

O incremento de 738 decesos en todo o Estado nas últimas 24 horas coloca a pandemia do SARS-Cov-2 nun momento crítico

España superou a China en número de mortos pola pandemia do coronavirus SARS-Cov-2, alcanzando a cifra de 3.434 falecementos, cunha suba de 738 decesos nas últimas 24 horas.

España xa é o segundo país do mundo con máis vítimas de coronavirus, só por detrás de Italia. Con 3.434 mortos, segundo o último balance ofrecido este mércores polo Ministerio de Sanidade, España adianta a China, onde se orixinou a epidemia e que conta con 3.287, mentres que Italia, con 6.820 contabilizados a última hora do martes, vai moi por diante.

Publicidade

O Goberno espera que a finais de semana poidan notarse os efectos do illamento, que este mércores busca ampliar no Congreso, que debate pola tarde a ampliación do estado de alarma ata o 11 de abril.

A pandemia do novo coronavirus superou a cifra dos 400.000 contaxios e causou a morte a máis de 18.900 persoas en todo o mundo, coa perspectiva de chegar a alcanzar esta mesma semana os 500.000 positivos se mantén o ritmo de crecemento actual.

Máis de 70 concellos galegos, con casos de coronavirus

Segundo o balance global actualizado este mércores pola Universidade Johns Hopkins, a pandemia do novo coronavirus estendeuse por 170 países e territorios, cun total de 424.048 persoas contaxiadas e 18.947 vítimas mortais.

O número de persoas que conseguiron curarse de COVID-19, a enfermidade xerada polo coronavirus, ascende a 109.145, a maioría delas en China (73.770). Os catro países máis afectados pola pandemia (China, Italia, Estados Unidos e España) suman máis de 248.000 casos, o que representa máis da metade do total de persoas contaxiadas co virus en todo o mundo.

O ritmo de crecemento da pandemia do novo coronavirus acelerouse de xeito moi pronunciado nas últimas semanas. Desde que comezou o brote na cidade de Wuhan en decembro de 2019 ata que se rexistraron os primeiros 100.000 casos transcorreron 67 días, mentres que a cifra de 200.000 positivos alcanzouse once días despois e a de 300.000 só catro días máis tarde, segundo a BBC.

Os 400.000 casos superáronse este martes, tres días despois de que o sábado se chegase á cifra de 300.000 positivos en todo o mundo. Se se mantén este ritmo de crecemento, o novo coronavirus alcanzará os 500.000 casos esta mesma semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade