Venres 19 Abril 2024

A cifra de mortes por covid-19 baixa a 301 en España en 14 horas

Xa son 23.822 os falecidos e máis de 210.000 os contaxiados diagnosticados mediante PCR

A cifra de mortos diarios con coronavirus baixa en España: hai 301 novas vítimas mortais, un descenso respecto ao dato do luns, cando se rexistraron 331. Xa son 23.822 os falecidos, máis de 210.000 os contaxiados diagnosticados mediante PCR e máis de 102.000 os recuperados desde o inicio da crise sanitaria.

O coronavirus provocou máis de 211.000 decesos no mundo, onde xa hai máis de tres millóns de infectados diagnosticados, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Publicidade

A OMS advertiu o luns de que unha saída do confinamento precipitada pode ter un “impacto maior” no futuro. “Os Gobernos teñen que poñer na balanza as vidas e a economía. Pero, se dan pasos demasiado cedo, se arriscan a sufrir un impacto maior na economía”, asegurou Michael J. Ryan, director executivo da OMS.

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Alemaña suma 138 mortos nas últimas 24 horas e eleva o balance do coronavirus a 156.337 contaxiados e 5.913 vítimas mortais, segundo o balance publicado este martes polo Instituto Robert Koch, a axencia gobernamental alemá encargada do seguimento das enfermidades contaxiosas. Os 1.144 casos novos de coronavirus supoñen un lixeiro aumento respecto dos 1.018 contaxios do balance anterior, tras varios días movéndose a cifra por riba dos 2.000 afectados.

México actualiza as cifras de casos de covid-19: hai 1.434 falecidos e 15.529 contaxios. Nas últimas 24 horas rexistráronse 852 casos novos confirmados e 83 falecidos máis.

Brasil rexistrou nas últimas 24 horas 338 novos falecementos por coronavirus, o que eleva o total de mortes a 4.543, con 66.501 casos confirmados, segundo informou este luns o Ministerio de Saúde. A cifra de contaxios aumentou desde a véspera en 4.613, o que segundo o boletín de situación do Ministerio de Saúde indica que a curva segue nun “forte ascenso” e reforza a proxección de que o pico da pandemia vai ser alcanzado entre os próximos maio e xuño.

Galicia, oitava comunidade en número de probas de coronavirus por habitante

A epidemia de coronavirus causou xa 23.293 falecementos en Francia. Deles, 14.497 producíronse en hospitais (295 nas últimas 24 horas, confirmando a tendencia á baixa dos últimos días) e 8.796 en residencias da terceira idade desde o comezo da crise, segundo as últimas cifras proporcionadas polo Ministerio de Sanidade. A cifra de casos confirmados de covid-19 en Francia é de 128.339.

Italia achégase aos 200.000 casos totais e case 27.000 mortos. Italia rexistra 199.414 casos totais de coronavirus, cun aumento de 1.739 nas últimas 24 horas, unha cifra moi baixa que constata que cae a curva de contaxios. O número de mortos alcanza xa os 26.977, ao rexistrarse 333 máis o último día, unha cifra superior aos 260 do domingo pero moito menor que as últimas semanas, segundo os datos ofrecidos hoxe polo xefe de Protección Civil, Angelo Borrelli. Os casos positivos actuais son 105.813, mantendo a tendencia de descenso.

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade