Dez homes integran un ciclo de charlas da USC sobre a pandemia

Ata o vindeiro mes de maio, o ciclo "Hoxe é o día despois" falará sobre economía, educación e dereito nesta crise, pero non conta con mulleres

Dez relatores e os dez varóns. Ningunha muller entre os 10 participantes escollidos pola Universidade de Santiago de Compostela para o seu ciclo de charlas titulado “Hoxe xa é o día despois”, que dá cita a prestixiosos expertos en economía e dereito.

Este ciclo de encontros online está organizado polo CiTIUS, GSI, o grupo de investigación Valoración Financeira Aplicada e a Rede Empresa Investigación, todas elas entidades da Universidade de Santiago, coa colaboración do Foro Económico de Galicia, e comezou este luns coa charla a cargo do economista Emilio Ontiveros, presentado polo profesor da USC Luis Otero.

Publicidade

Ao longo das vindeiras semanas, expertos nacionais e internacionais, todos eles homes, abordarán temas relevantes no contexto da crise á que nos enfrontamos: a recuperación económica, a renda básica, o futuro do traballo, a intelixencia artificial fronte á pandemia, os dereitos fundamentais e a protección de datos, a automatización e a dixitalización, ou o futuro dos ODS 2030, entre outros.

A listaxe de relatores, tras Ontiveros e Otero, continuará o 29 de abril con Ricard Martínez, Roberto Blanco Valdés e Luis Míguez Macho, nunha mesa redonda na que falarán de “Os dereitos fundamentais tras a crise da Covid-19”.

Publicidade

Continuará o ciclo o 5 de maio coa charla “A renta mínima”, coa participación de Fernando Fernández Méndez, Luis Ayala Cañón e César García Novoa.

E o ciclo da USC rematará o 7 de maio coa charla “Educación durante a pandemia”, a cargo de Faraón Lloréns e o catedrático Senén Barro.

As charlas poden seguirse en liña a través dunha ligazón que facilita a USC.

1 comentario

  1. Comentar só que na web oficial da USC [https://www.usc.gal/gl/xornal/eventos] si están publicadas todas as charlas, incluídas mulleres, e que é a única fonte oficial dos datos. Ese cartel non é un cartel publicado pola USC senón por colaboradores a título individual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes