A Xunta cambia o criterio e atrasa os peches ás 00.00 do sábado

Unha modificación final no DOG publicado na noite deste mércores apraza as medidas restritivas para mobilidade e hostalaría

Novo cambio de criterio nas medidas contra a pandemia adoptadas pola Xunta de Galicia, que suman tres escenarios distintos en 24 horas. O martes, ás 22.30 horas, o comité clínico anunciaba que se mantiñan as restricións publicadas no DOG o pasado venres, co peche perimetral das sete cidades e outros 16 concellos. O mércores, ás 13.00 horas, o presidente Feijoo compareceu para mudar o escenario e decretar novos cofinamentos perimetrais e o peche de bares e restaurantes a partir das 15.00 horas do venres. E onte, ás 23.00, o Diario Oficial de Galicia mudaba de novo o criterio, adiando todas as medidas ata as 00.00 horas do sábado. Estarán en vigor ata o 4 de decembro ás 15 horas.

Tras esta última decisión, o novo paquete de restricións entrará en vigor a partir do sábado, co cal bares e restaurantes poderán abrir na tarde do venres, aínda que os clientes deberán respectar o toque de queda das 23.00 horas. Estas son as medidas publicadas no DOG deste mércores 4 de novembro.

Aquí podes consultar o DOG coas novas medidas

Medidas para os 60 concellos marcados en vermello no mapa

🚧 Peche perimetral. Na tarde do mércores, Sanidade aclarou que o peche abrangue, por unha parte, a 41 municipios vinculados ás áreas das cidades de Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Pontevedra e Ferrol. Como no caso de Pontevedra e Vigo, os peches agrupados conflúen, as limitacións chegan ata Redondela (no caso de Vigo) e Soutomaior (no caso de Pontevedra). É dicir, a mobilidade entre os dous municipios citados queda restrinxida.

Outros seis (Lalín, A Estrada e Silleda, por unha parte, e Vilagarcía, Vilanova de Arousa e Cambados, por outra) terán tamén un peche conxunto. Noutros 13 concellos o peche será individual. De manterse o criterio respecto ás medidas vixentes ata o venres, o tránsito por estes concellos estará permitido sen ningunha restrición, sempre que a orixe e o destino non estea dentro do mapa de limitacións. É dicir, é posible viaxar da Guarda a Moaña, por exemplo, aínda que nos concellos do tránsito estea limitada a mobilidade.

🏠 Reunións limitadas a persoas conviventes.

☕️ 🍺 Pecharán os locais de hostalaría. Os establecementos estarán pechados, pero permítese a recollida no local e manterase o servizo a domicilio.

🚗👥📚 Están permitidos os desprazamentos por motivos laborais, educativos, atender coidados de persoas anciás, dependentes ou menores. Tamén permanecen abertos os locais comerciais.

🏃🏽‍♀️ Práctica deportiva restrinxida á actividade individual.

🎭 Nos espazos culturais, como cines, teatros, auditorios e outros recintos, a capacidade estará limitada ao 50%, mais cun límite de 30 persoas en interior e 75 no exterior.

Resto de Galicia

🛒 O comercio rexerase polas mesmas medidas en toda Galicia. Os locais comerciais terán a capacidade limitada ao 50%. Nas áreas comúns de centros comerciais, a capacidade máxima será do 33%.

🏨Limítanse as saídas de usuarios de residencias de persoas anciás ou con discapacidade, pero mantéñense as visitas coas medidas vixentes ata o momento.

👩‍👩‍👧 O máximo de persoas nas reunións sobe de 5 a 6

🚌 No transporte non escolar: as liñas urbanas quedan limitadas á capacidade do 50% nos asentos e o 25% de capacidade total de pé. No caso dos servizos interurbanos, a capacidade será do 50%. A medida non afecta ao transporte escolar, con medidas propias desde o comezo de curso.

As novas medidas contra a Covid-19 e os distintos peches nos concellos afectados

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.