A Xunta anuncia o peche perimetral e da hostalaría en 60 concellos galegos

O presidente autonómico argumenta que o "repunte perigoso" detectado na segunda quincena de outubro leva a reforzar as medidas

(en actualización) – O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou este mércores o reforzo das medidas para conter a pandemia da Covid-19, horas despois de que o comité clínico da Consellería de Sanidade se reunise sen tomar novas medidas na tarde do martes. Despois de que a reunión continuase na mañá do mércores, e á vista da evolución epidemiolóxica, acordouse que 60 concellos galegos, nos que reside o 60% da poboación galega, se estableza un peche perimetral e, entre outras medidas, o peche da hostalaría entre outras medidas. Feijoo expuxo o “repunte perigoso” que se produciu na segunda quincena de outubro, e que continúa a comezos de novembro, como motivo para aumentar as limitacións.

O plan de medidas estará vixente, en principio, un mes, desde o vindeiro venres 6 ás 15 horas, aínda que se revisará de forma periódica ao longo destas semanas.

Publicidade

Concellos afectados

As restricións adicionais quedarán instauradas en 61 municipios que, nalgúns casos, quedarán agrupados no peche e, noutras situacións, se pecharán de forma individual. Así queda a situación dos peches en 48 municipios nos que o peche se agrupará:

  • A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros
  • Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Trazo, Teo, Val do Dubra e Vedra
  • Ferrol, Narón, Ares, Neda, Fene e Mugardos
  • Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén
  • Pontevedra, Vilaboa, Pontecaldelas, Marín, Poio, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior
  • Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, Porriño e Redondela
  • Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Cambados
  • Lalín, Silleda e A Estrada

E noutros 12, o peche cínguese a un único termo municipal:

Publicidade

  • Lugo
  • Vimianzo
  • Monforte de Lemos
  • Burela
  • Viveiro
  • O Carballiño
  • Verín
  • Xinzo de Limia
  • Cangas
  • Ponteareas
  • Tui
  • O Grove

Estas son as novas medidas contra a Covid-19 e os concellos onde se aplicarán

Segundo Feijoo, os modelos preditivos que se derivan do agravamento de casos que se están detectando nestes días apuntan a un incremento da ocupación hospitalaria nas vindeiras semanas. Isto obriga a “resetear o sistema“, en palabras do presidente autonómico, citando aos membros do comité clínico, ao tempo que fixo fincapé na situación desigual entre as zonas urbanas e os espazos rurais. Por este motivo, as medidas están encamiñadas ás cidades, as áreas metropolitanas e outros municipios cunha “incidencia notable”. O mandatario explicou tamén que as medidas se toman despois da experiencia do caso da comarca do Carballiño, onde despois do peche perimetral e a restrición de actividades non esenciais, a incidencia reduciuse a menos da metade.

Este mércores, os casos activos ascenden a 9.642, despois da detección de máis de 600 casos nas últimas horas. Todas as áreas sanitarias superan, por primeira vez, as 1.000 persoas baixo seguimento. A evolución das últimas semanas pode observarse neste indicador.

A ocupación nos hospitais tamén se incrementa. Aínda que a carga segue sendo unha das menores no conxunto das comunidades autónomas do territorio español, o presidente da Xunta advertiu de que a evolución é preocupante en xeral, polo que a comparación de Galicia debería “facerse consigo mesma”, ante o risco de que a atención por mor da Covid-19 dificulte a actividade asistencial diaria a outros pacientes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Galicia será pioneira en reforzar a vacina contra a meninxite aos 12 anos a partir de maio

Sanidade incorporará ao calendario vacinal unha dose adicional na adolescencia para reducir contaxios e avanzar na erradicación da enfermidade

Máis de 2.500 sinaturas esixen á Xunta que declare o salmón “en perigo de extinción”

Cinco entidades ecoloxistas reclaman que a administración galega "asuma a súa responsabilidade" e protexa a especie

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida