Programa de rutas de turismo científico no Courel e Ancares

Observer e Deputación de Lugo presentan un plan de rutas dirixidas a todos os públicos que se desenvolverán de maio a agosto

A empresa Observer Science Tourism e a Deputación de Lugo presentaron esta semana un programa de rutas gratuítas de turismo científico, dirixidas a todos os públicos, para dar a coñecer a importancia natural e histórica das montañas de Ancares e O Courel. As rutas abordarán aspectos como a xeoloxía, a botánica, a fauna, a paleontoloxía ou a astronomía, aproveitando as grandes condicións destes espazos do leste de Lugo.

A inscrición xa pode realizarse a través do portal de turismo da Deputación de Lugo. En todas as visitas, os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. O programa de rutas é o seguinte:

Publicidade

Xeoloxía

Os Ancares na Idade de Xeo. 18 de maio ás 11 horas no Piornedo (Cervantes). Duración aproximada: 2 horas e media. Número de prazas: 30.

Botánica

A Devesa da Rogueira, o auténtico bosque atlántico galego. 8 de xuño ás 11 horas na aula da natureza de Moreda (Folgoso do Courel). Duración aproximada: 2 horas e media. Número de prazas: 30.

Publicidade

Fauna

Osos e demais mamíferos: buscando rastros. 13 de xullo ás 10 horas en Froxán (Folgoso do Courel). Duración aproximada: 3 horas. Número de prazas: 25.

A noite dos morcegos en Ancares. 3 de agosto ás 20 horas no Piornedo (Cervantes). Duración aproximada: 4 horas. Número de prazas: 30.

Astronomía

A noite estrelada dos Ancares. 13 de agosto de 2019 ás 22 horas na Fonsagrada (precisarase o punto exacto de encontro en datas próximas á actividade). Duración aproximada: 2 horas. Número de prazas: 30.

Paleontoloxía

Viaxando na máquina do tempo: os animais de Ancares e Courel. 21 de agosto ás 11 horas no museo xeolóxico de Quiroga. Duración aproximada: 2 horas. Número de prazas: 30. Actividade dirixida a familias con nenos de a partir de 6 anos, sempre acompañados dun adulto.

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Descubertas novas pistas sobre a orixe de Theia, o hipotético planeta que formou a Lúa

Unha análise de isótopos de rocas lunares e terrestres revela que o obxecto celeste chocou contra a Terra e deu lugar ao noso satélite fai 4.500 millóns de anos

Caza variada e clima moi frío: así era a vida nas Serras Orientais galegas hai 18.000 anos

Un estudo da USC analiza restos de fauna atopados en Valdavara 1, unha cavidade que foi ocupada de forma intermitente por cazadores-recolectores e outros depredadores