Ollo coas matas clandestinas: 17 afectados por triquinose en Madrid e Ciudad Real

A doenza, causada por consumir carne de mamíferos co verme "Trichinella sp.", pode evitarse tomando as medidas sanitarias esixidas pola lei

Unha mata clandestina de porcos que tivo lugar en xaneiro nunha vila de Ciudad Real fixo revivir un problema de saúde pública que no pasado era máis habitual, pero que foi desaparecendo progresivamente grazas ao aumento das medidas sanitarias. 17 persoas do mesmo entorno contaxiáronse de triquinose, unha doenza parasitaria causada por un verme nematodo presente nalgunhas especies de mamíferos como o porco, o xabaril ou o cabalo.

Segundo recolle El País, a mata tivo lugar en Retuerta del Bullaque (Ciudad Real), e o abrocho afecta a familiares e amigos presentes no suceso, residentes en Castilla-La Mancha e Madrid, no que se matou un animal que fora criado en semiliberdade, e que consumiron despois embutidos feitos coa carne do porco.

Publicidade

Verme do xénero "Trichinella", causante da triquinose.
Verme do xénero “Trichinella”, causante da triquinose.

Desde a Junta de Castilla-La Mancha subliñaron que a mata “incumpriu toda a normativa; non houbo veterinario nin comunicación ao Concello”. Aínda que só un dos afectados requeriu ser ingresado nun centro hospitalario, o contaxio deste grupo de persoas volve poñer o foco na necesidade de tomar precaucións ante estas doenzas parasitarias, moi habituais no pasado. Antes era máis habitual o contaxio nas matas de porcos, pero nos últimos anos tamén se deron casos debido á falta de precaucións sanitarias ao consumir carne de caza de xabaril.

Aínda que Galicia non rexistrou casos nos últimos anos, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e outros organismos, mantén medidas de control para evitar que sucedan casos como o acontecido en Castilla La-Mancha.

Publicidade

Que é a triquinose?

O axente causante da doenza é un verme do xénero Trichinella, que non causa danos nos mamíferos que actúan como hospedadores, pero si nos humanos. Os vermes maduran no intestino dos animais e pasan ao sangue. En caso de que non se tomen as medidas precisas á hora de matar, conservar e cociñar estes animais, as larvas destes vermes poden transmitirse aos consumidores.
Así, a doenza da triquinose comeza con síntomas de malestar gastrointestinal, vómitos e diarrea. Se pasa ao sangue, e de aí aos músculos, xorde a febre, a dor muscular e, nalgúns casos, edemas e problemas do sistema nervioso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Máis de 50.000 galegos participaron nun ensaio para avaliar a vacina contra o virus sincitial

Sanidade analizará os datos achegados durante a campaña Sincigal para medir a súa efectividade na redución de hospitaliacións

Os casos de mpox en Galicia aumentan ata as 12 infeccións

Os afectados son homes cunha idade de entre 35 e 65 anos, coa maioría dos contaxios na provincia da Coruña

As claves do novo gromo de mpox detectado en Galicia: “Todos nos podemos infectar”

O virus transmítese principalmente por contacto estreito entre peles ou mucosas, sobre todo de carácter sexual, e causa lesións na pel