Invernal nos Ancares: o espectáculo de neve e acivro

Cando chegan as primeiras nevaradas ás montañas de Lugo, a paisaxe muda e os roteiros son outros

Cada estación debuxa un fondo cambio nos Ancares. En poucos lugares de Galicia percíbese tan claramente o paso dos solsticios e equinoccios, que van mudando a paisaxe. Na primavera, os amarellestoman as altas campas. En verán, o sol implacable calcina os breixos. O primeiro frío do outono acende os bosques cun espectáculo de cores. E, no inverno, a neve reina nos cumes salpicada polo vermello vivo das bagas de acivro, que resisten ata a primavera. Así que imos visitar Os Ancares cando chega a neve, nunha época que moitos consideran a de maior feitizo.

Unha vez que cae a neve, que a cotía se adianta ao mes de novembro, as altas montañas de Lugo mudan de traxe e ofrécennos unha experiencia espectacular. Como precaución, a viaxe esixe ir ben equipado. De decembro a marzo as temperaturas nocturnas moitas veces están baixo cero. Convén levar pezas de abrigo, gorro, luvas, bo calzado… aínda que sexa como paseo, un día asollado pode enganarnos: cando se pon o sol, no inverno dos Ancares lucenses sempre fai frío.

Publicidade

O Tres Bispos nevado dende a súa campa, nun día solleiro.

Chegar a este paraíso é bastante doado: desde que se construíu a autovía A6, accédese facilmente, aínda que cando chegan as grandes nevaradas hai que informarse sobre o estado de las estradas da zona. A veces, algunhas aldeas quedan illadas, pero as máquinas quitaneves funcionan a pleno rendemento cando chega o máis duro. Iso si: nesta estación, no maleteiro do coche compre sempre levar cadeas.

Para aloxarse, hai diversos hostais principalmente en Navia de Suarna, Piornedo e en Campa da Braña. Este último lugar é un cruzamento de camiños crave, onde atoparemos o Hostal Campa da Braña. Alí podemos aloxarnos en habitación ou en liteira, que elixen os montañeiros. Tamén se come moi ben (espectaculares as carnes e verduras da contorna) e poderemos gozar da hospitalidade de Pedro, que ademais de hostaleiro é un veterano da montaña. Sempre terá un bo consello para nós. A cheminea do seu salón pode ser tan memorable como o mellor roteiro cara ós cumes nevados.

Unha das pallozas de Piornedo.

En canto aos roteiros, todo dependerá das nosas ganas de aventura. Para os que queiran moverse en coche, o básico é visitar Navia de Suarna, coa súa espectacular ponte, o castelo de Doiras e finalmente Piornedo, a aldea coa maior concentración de pallozas. Hasta hai medio século, cando melloraron a estrada, aínda estaban habitadas. Actualmente, hai varias que poden visitarse e están habilitadas para venda de artesanía o museo. O conxunto está declarado Ben de Interese Cultural, aínda que algunhas se viron telladas con uralita (un crime), ante a falla de profesionais que saiban traballar as xestas ou o colmo do centeo.

Tamén destacan no Piornedo os seus espectaculares hórreos. Para tomar algo, atoparemos cheminea tanto en la Cantina Mustallar como no Hotel Piornedo. Ambos os dous dan tamén de comer e, cando aperta o frío, son case parada obrigatoria. Para quen elixa facer o roteiro en coche, pode rematar o día en Porto Ancares, contemplando las espectaculares vistas ante os cumes do Cuiña e do Miravalles.

Igrexa en Piornedo onde comeza a ruta ao Mustallar.

Pero o verdadeiro reto está en las roteiros a pé, que no inverno son espectaculares pero esixen ir ben equipado. Tras o paso das grandes nevaradas, é imprescindible levar crampóns para avanzar por las placas de xeo que se forman mesmo nalgúns carreiros. Tamén fan falta polainas, porque por momentos a neve será alta, mesmo en pistas como a que ascende á campa de Tres Bispos. E no está de máis levar bastóns e mesmo piolet como precaución en caso de esvarar.

En resumo, falamos dunha montaña que se volve moi técnica cando chega a neve. Os dous roteiros principais con neve son os que ascenden ao Mustallar e ao Tres Bispos. O primeiro pode volverse moito máis complicado e debe reservarse a montañeiros experimentados. O segunda, é máis accesible pola pista, pero se volve perigoso no tramo entre a primeira campa e a das ovellas.

A paisaxe é branca pero se tingue de vermello en calquera roteiro. Porque precisamente desde principios de outubro chega a aparición do froito do acivro, co seu vermello intenso. Ademais, perdura durante meses, soportando todo oinverno para dar cor á serra.

As pegadas dun rebezo no medio da neve, na ruta aos Tres Bispos.

Tamén deberemos estar atentos á fauna salvaxe. Non será difícil atopar algún rebezo na procura dalgún pasto oculto baixo a neve. E, se fiamos a atención na neve virxe, sen dúbida atoparemos as pegadas destes bóvidos como tamén do lobo. Por desgraza, xa non veremos á pita do monte, extinguida nestas serras tras ser sometida implacablemente á caza. Esta ave singular alimentábase precisamente das bagas do acivro.

Pero sexa para facer turismo o para facer montaña, a crave é que imos a gozar dunha paisaxe incrible. Cando os Ancares quedan envoltos no seu manto branco…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O galego que estuda en Ártico, Antártida e Himalaia plantas tolerantes a ambientes extremos

Xurxo Gago Mariño: "Traballar con especies tan difíciles é todo un desafío"

Primavera anticipada? Galicia roldará esta semana os 20 graos en pleno febreiro

Unha profunda borrasca no Atlántico afectará ao litoral galego creando unha alerta amarela por ondas de entre catro e cinco metros de altura para este martes e mércores

O químico Fernando Calvet, nomeado Científico galego do ano

O investigador foi pioneiro en aplicar a bioquímica á industria e dirixiu os Laboratorios Zeltia, onde logrou patentar máis de dez especialidades farmacéuticas

As estradas de Galicia en dixital: un equipo da Coruña axudará a reducir a burocracia

A empresa Unayta está a traspasar todos os arquivos da rede viaria galega a un xestor de documentación en liña