Explosión de amarelles nos Ancares

Os amarelles toman a campa de Tres Bispos, nos Ancares lucenses.
Os amarelles toman a campa de Tres Bispos, nos Ancares lucenses.

Os amarelles, tamén coñecidos como narcisos, estouran en primavera nas altas campas da serra dos Ancares lucenses. Estes días atopamos amplas extensións cubertas destas plantas coas súas características flores amarelas.

Son orixinarios da conca mediterránea e Europa. En Galicia atopamos varias especies; Narcissus cyclamineus é endémica neste territorio e parte de Portugal.

Publicidade

A meirande parte das especies teñen floración primaveral, aínda que as hai que florean polo outono. Amarelle é o nome común galego xunto a narciso para o xénero.

Nas campas como a de Tres Bispos, estes días tomamos estas imaxes dos amarelles en pleno esplendor.

Publicidade

Estourido de amarelles na campa de Tres Bispos.
Estourido de amarelles na campa de Tres Bispos.

1 comentario

  1. Penso que tedes un erro ao nomear Narcicussus cyclamineus … a especie dos Amareles ..tamén Cucos… e outros nomes comúns galegos máis…das fermosísimas fotos do Artículo é *Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis….

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior